From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tupolev Tu-22M (ruso: Туполев Ту-22М; designación OTAN: Backfire) é un bombardeiro estratéxico e avión de ataque marítimo supersónico de xeometría variable e longo alcance desenvolvido pola oficina de deseño Tupolev nos anos 60. Segundo algunhas fontes, críase que o bombardeiro ía ser designado Tu-26 nalgún momento. Durante a guerra fría, the Tu-22M foi operado pola Forza Aérea Soviética (VVS) nun rol de bombardeiro estratéxico portamísiles, e pola Aviación Naval Soviética (Aviatsiya Voyenno-Morskogo Flota, AVMF) nun rol de avión antibuque de longo alcance.[1] Unha cantidade significativa permanecía en servizo coa Forza Aérea de Rusia, e en 2014 máis de 100 Tu-22M estaban en uso.[2] En abril de 2022 os Tu-22M usáronse para bombardear a cidade Ucraína de Mariupol.[3]
Tupolev Tu-22M | |
---|---|
Tipo | bombardeiro estratéxico/ataque marítimo |
Fabricante | Tupolev |
Primeiro voo | 30 de agosto de 1969 |
Introducido | 1972 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Forzas Aeroespaciais de Rusia Forza Aérea Soviética Forza Aérea de Ucraína |
Produción | 1967 - 1993 |
Unidades construídas | 497 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.