From Wikipedia, the free encyclopedia
O TuTo Hockey é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Turku (Finlandia), sendo un dos dous clubs da cidade xunto co TPS (equipo que forma parte da máxima categoría, a SM-liiga). O club foi fundado en 1929 e actualmente compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, aínda que durante varios anos competiu na máxima categoría, descendendo en 1996 (catro anos antes de que se pechara a competición). Os maiores logros da súa historia foron o campionato da Mestis en 2008 e os dous terceiros postos colleitados na SM-sarja (a antiga máxima categoría) en 1968 e 1970. Xoga os seus partidos como local no Kupittaan jäähalli, coñecido tamén como OS/G Areena, un pavillón con capacidade para 2 985 espectadores.
TuTo | |
---|---|
Fundación | 1929 Turun Toverit 1988 TuTo Hockey |
Cidade | Turku, Finlandia Propia Finlandia |
Estadio | Rajupaja Areena (2 985 espectadores) |
Liga | Mestis |
Campionatos | 1 (2008) |
Adestrador | Juhani Tamminen |
Cores | Vermello, azul e branco |
En 2017 o equipo proclamouse campión da Suomen Cup. O TuTo comezou a copa finlandesa derrotando aos Haukat da Suomi-sarja (2-3), co que conseguiu o pase aos cuartos de final, onde se enfrontou ao LeKi de Lempäälä, ao que derrotou con facilidade (6-2). Para acadar o pase á final, o equipo de Turku debía superar ao Espoo United. Logo da contundente vitoria por cinco goles a cero nas semifinais TuTo enfrontouse na final a SaPKo, que viña de terse proclamado campión da Mestis. A pesar do gol inicial do equipo de Savonlinna, os de Turku acabaron gañando a final (4-1), que se disputou no seu estadio, o Marli Areena.[1]
O TuTo xoga os seus partidos como local no Kupittaan jäähalli, coñecido dende 2022 como Rajupaja Areena por motivos de patrocinio,[2] un pavillón con capacidade para 2 985 persoas situado no distrito de Kupittaa da cidade de Turku.[3] O equipo comparte o pavillón co equipo feminino do TPS, entre outros.[4]
O pavillón foi inaugurado no outono de 2006. O primeiro partido do TuTo no pavillón tivo lugar o 16 de novembro dese mesmo ano fronte ao HeKi.[4]
Nome | Período |
---|---|
Vesa Lahtonen | 2000-2001 |
Tero Forsell | 2001-2003 |
Tuomas Jalava | 2003-2004 |
Vikki Tammelin | 2004-2006 |
Tapio Laakso | 2006-2007 |
Pasi Järvinen | 2007-2008 |
Matti-Pekka Pelkonen | 2008–2011 |
Antti Virtanen | 2011-2014 |
Anssi Virkki | 2014 |
Timo Pärssinen | 2014-2015 |
Aki Keinänen | 2015-2016 |
Anssi Virkki | 2016-2017 |
Hannu Kuru | 2017 |
Niclas Lucenius | 2017-2018 |
Jere Karlsson | 2018-2021 |
Kristian Tuohilampi | 2021-2022 |
Mikke Levo | 2022- |
Ao longo da súa historia o TuTo retirou sete números en honor a outros tantos xogadores que tiveron un papel salientable na historia do equipo.[3]
Nº | Xogador | Posición | Carreira no TuTo | Referencias |
---|---|---|---|---|
1 | Urpo Ylönen | G | 1962-1975 | [5] |
4 | Seppo Lindström | D | 1959-1970 1971-1975 1982-1983 | [6] |
10 | Markku Vuorisalo | F | 1996-2003 2004-2006 2007-2009 2011-2012 | [7] |
16 | Kari Johansson | F | 1963-1975 1979-1984 | [8] |
17 | Atte Saunamäki | F | 1995-2003 2004-2007 | [9] |
20 | Jouni Tuominen | C Adestrador | 1988-1997 | [10][11] |
39 | Tero Forsell | F | 1996-2003 2004-2009 | [12] |
O TuTo ten nomeado ata 2022 a 76 persoas que desenvolveron un importante papel no club. Estas personalidades son denominadas Legendat (en galego Lendas).[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.