![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/00/Flagge_Trier.svg/langgl-640px-Flagge_Trier.svg.png&w=640&q=50)
Tréveris
cidade de Alemaña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tréveris[1] (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela, a apenas 15 km da fronteira con Luxemburgo.
Trier (de) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz ![]() | ||||
Capital de | Eleitorado de Tréveris (pt) ![]() Sarre (en) ![]() Trier (pt) ![]() Tréveris-Sarreburgo (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 112.195 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 117,07 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Mosela ![]() | ||||
Altitude | 125 m-135 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 16 a. C. ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Wolfram Leibe (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | QuattroPole (en) ![]() City diet Rhineland-Palatinate (en) ![]() Aliança Climática (pt) ![]() Mayors for Peace (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 54290, 54292, 54293, 54294, 54295 e 54296 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 651 ![]() | ||||
Código NUTS | DEB21 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 07211000 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Metz Nagaoka Fort Worth Gloucester 's-Hertogenbosch Mbabane Ascoli Piceno Pula, Croacia (1971–) Weimar (1987–) ![]() | ||||
Páxina web | trier.de ![]() | ||||
![]() |
Cidade natal de Karl Marx (5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio de Milán (340), Trier tamén está orgullosa da súa rica herdanza arquitectónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.
En Galiza é coñecida por ser a cidade onde foi executado Prisciliano e polo chamado "Coloquio de Tréveris": "Tradición, actualidade e futuro do galego" que tivo lugar nesta cidade entre os días 13 e 15 de novembro de 1980 en que o galego (como lingua independente do portugués) se deu a coñecer na comunidade de lingüistas especializados en linguas romances. Este coloquio vai tendo novas edicións cada certo tempo entre a Universidade de Trier e a compostelá. Esta Universidade de Tréveris, foi fundada no 1483, pechada no 1796 e aberta de novo en 1970.
A cidade tamén está irmandada co concello da Pobra de Trives.