From Wikipedia, the free encyclopedia
True Detective é unha serie de televisión estadounidense creada e escrita por Nic Pizzolatto. A serie, emitida pola canle HBO nos Estados Unidos, estreouse o 12 de xaneiro de 2014. Cada unha das tempadas estrutúrase nunha narrativa propia separada das outras, con novos actores, personaxes e escenarios.
Creado por | Nic Pizzolatto |
---|---|
Escrito por | Nic Pizzolatto Scott Lasser (tempada 2) |
Intérpretes |
|
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 30 |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Luisiana (tempada 1) California (tempada 2) |
Duración | 54–87 minutos |
Canle de orixe | HBO |
Primeiro episodio | 12 de xaneiro de 2014 |
Na rede | |
http://www.hbo.com/true-detective | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira tempada protagonizada por Matthew McConaughey, Woody Harrelson, Michelle Monaghan, Michael Potts e Tory Kittles, ten lugar en Luisiana e segue a historia de dous detectives de homicidios na súa investigación sobre un asasino en serie durante un período de 17 anos. A segunda tempada, protagonizada por Colin Farrell, Rachel McAdams, Taylor Kitsch, Kelly Reilly e Vince Vaughn,[1][2] está ambientada en California, e céntrase en tres detectives de distintos departamenteos e un criminal metido ós negocios na súa investigación dunha serie de crimes que semellan estar ligados ó asasinato dun político corrupto.
A primeira tempada obtivo críticas positivas e tivo altos índices de audiencia, recibindo varios premios e nomeamentos. A segunda tempada tivo unha crítica máis dividida, malia que mantivo os áltos índices de audiencia.
Unha terceira tempada aprobouse en agosto de 2017, con Mahershala Ali como protagonista e Pizzolatto e Jeremy Saulnier como directores, e Pizzolatto como guionista xunto a David Milch.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.