Trasancos, Narón
parroquia civil do concello de Narón From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Narón From Wikipedia, the free encyclopedia
San Mateo de Trasancos é unha parroquia rural, situada ao oeste do concello de Narón na provincia da Coruña, e ten unha extensión de 9,75 km². Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 796 habitantes (416 mulleres e 380 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 791 habitantes. A densidade da poboación é de 81,64 hab/km².
Trasancos | |
---|---|
Igrexa de San Mateo de Trasancos. | |
Concello | Narón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°31′57″N 8°12′47″O |
Área | 9,75 km² |
Poboación | 765 hab. (2017) |
Densidade | 78,46 hab./km² |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A parroquia limita ao norte coa parroquia do Val, ao sur co barrio de Piñeiros, ao leste coa parroquia de Sta. María de Castro e ao oeste coas parroquias de Mandiá e Santa Cecilia de Trasancos do concello de Ferrol.
Foi recoñecido como concello en 1813, coa Constitución española de 1812. Constituíuse co nome de San Mateo de Trasancos, contando daquela con 300 habitantes.[Cómpre referencia]
Lugares da parroquia de Trasancos no concello de Narón | |
---|---|
A Barcia | O Bidueiro | Caaveiro | O Calvario | A Calliqueira | O Campo das Ratas | O Carabuchal | O Curro | Fontela | A Igrexa | A Lavandeira | Leiras | O Muíño do Vento | Paxarón | A Pena | A Ruxida | A Vacariza | O Vilar |As Viñas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.