Transport for London
From Wikipedia, the free encyclopedia
Transport for London (TfL) é o ente público local responsábel do sistema de transporte do Gran Londres, en Inglaterra.[1] A súa sede central está na Windsor House, na Cidade de Westminster.[1]
Transport for London | |
---|---|
Logo e eslogan | |
Tipo | Empresa Pública |
Fundación | 1999 |
Localización | Windsor House, Victoria Street, Westminster, Gran Londres Inglaterra |
Fundador | Acta da Autoridade do Gran Londres de 1999 |
Persoas clave | Sadiq Khan (Presidente como alcalde do Gran Londres) Mike Brown (Administrador) |
Industria | Transporte Público |
Produtos | Metro, metro lixeiro, trens suburbanos, tranvías, buses, transporte fluvial, rede viaria principal, alugueiro de bicis |
Número de empregados | 28.000 |
Na rede | |
https://tfl.gov.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TfL posúe o control da rede viaria principal de Londres, de servizos ferroviarios que inclúen o metro de Londres, ferrocarrís suburbanos (Londres Overground e TfL Rail), metro lixeiro (DLR) e tranvías, autobuses, taxis, arrendamento de bicis na rúa e transporte fluvial. Todos estes servizos son xestionado á súa vez a través de distintas empresas que poden ser públicas (principalmente London Underground), franquías do sector privado (ferrocarrís suburbanos, metro lixeiro, tranvías e autobuses) ou mediante o sistema de licenzas (algúns autobuses, taxis e servizos fluviais). TfL é tamén responsábel, conxuntamente co Departamento de Transporte (DfT) -equivalente a unha Dirección Xeral española- da construción da nova liña mixta bautizada como Crossrail ou Elizabeth Line, igual que será tamén responsábel da franquía que a xestione unha vez se poña en funcionamento.[2]
Para o exercicio 2015-16, TfL tiña un orzamento de 11.500.000.000 £, o 40% do cal procedía da venda de billetes. O resto proviña do financiamento do goberno estatal (23%), préstamos (20%), outros ingresos (9%) e financiamento para o Crossrail (8%).
O 21 de xaneiro de 2016, anunciouse que todo o control dos servizos de ferrocarril suburbanos que pasan polo centro de Londres serían transferidos desde o DfT a TfL. Esta transferencia terá lugar no momento en que as actuais adxudicatarias finalicen o seu contrato. O DfT continuará a ser responsábel das operadoras que operen servizos co arrabalde e intercidades desde e cara a Londres. Este anuncio viña a ampliar os acordos de franquía previamente existentes para o London Overground e TfL Rail.[3]