Gran Londres
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Londres (en inglés: Greater London) é unha das nove rexións de Inglaterra, subdivisións administrativas de alto nivel, que cobre a cidade de Londres, en Inglaterra (Reino Unido).
Greater London (en) | |||||||||||||
Localización | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
Estado | Reino Unido | ||||||||||||
País | Inglaterra | ||||||||||||
Rexións | Londres (pt) | ||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 8.899.375 (2018) (5.671,15 hab./km²) | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Superficie | 1.569,2366 km² | ||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||
Creación | 1 de abril de 1965 | ||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
Órgano executivo | Gran Londres | ||||||||||||
• Lord Lieutenant of Greater London (en) | Ken Olisa (pt) (2015–) | ||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Código postal | E, EC, N, NW, SE, SW, W e WC | ||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Código NUTS | UKI | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||
Páxina web | greaterlondonlieutenancy.com |
A zona administrativa do Gran Londres cobre a conurbación da cidade de Londres e a de Westminster, así como outros 31 distritos londinienses, coñecidos xenericamente como Londres, capital do Reino Unido. Cobre unha área de 1.579 km² e ten unha poboación aproximada de 7 322 400 persoas.
Dende o ano 2000, a rexión está administrada pola Autoridade do Gran Londres e ten un alcalde, controlado pola Asemblea de Londres.
O status do Gran Londres é algo infrecuente. Oficialmente está clasificado como un condado cerimonial (excluíndo á cidade de Londres, que é un condado cerimonial por si mesma), pero á vez é unha das nove rexións oficiais de Inglaterra. É a única rexión de Inglaterra cun amplo poder, unha asemblea rexional electa e un alto cargo elixido tamén por elección directa.
Non debe confundirse coa Área metropolitana de Londres, definida en termos de modelos xeográficos (fundamentalmente de transporte, como London commuter belt)
O Gran Londres creouse oficialmente o 1 de abril de 1965, en substitución dos antigos condados administrativos de Middlesex e Londres, aos que se engadiron partes de Kent, Hertfordshire, Surrey e Essex. Actualmente, o Gran Londres limita con Essex, Hertfordshire, Buckinghamshire, Berkshire, Surrey e Kent.
O Gran Londres tivo en orixe un dobre sistema de goberno local, co Consello de Gran Londres compartindo poder coa Corporación de Londres e os 32 consellos de distrito. O Consello do Gran Londres foi abolido no ano 1986 baixo o goberno de Margaret Thatcher. No ano 2000, o goberno laborista creou unha nova autoridade do Gran Londres, que consiste nunha asemblea e un alcalde que gobernan toda a zona.
O termo "Gran Londres" xa se empregaba antes do ano 1965, especialmente para referirse ao área de operación do Servizo Metropolitano de Policía, que non coincidiu coas fronteiras do condado do Gran Londres ata o ano 2000. Actualmente prefírese empregar a expresión "Distrito Policial Metropolitano".
A distribución administrativa do Gran Londres comprende os seguintes "boroughs" (distritos ou unidades administrativas de nivel local en Inglaterra):
|
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Londres |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.