![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/17/ToledoElecciones15Jun77.jpg/640px-ToledoElecciones15Jun77.jpg&w=640&q=50)
Transición española
From Wikipedia, the free encyclopedia
A transición española foi un período político da España moderna, que transcorre desde a morte do xeneral Francisco Franco o 20 de novembro de 1975 ata a entrada en vigor da Constitución española de 1978.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/17/ToledoElecciones15Jun77.jpg/640px-ToledoElecciones15Jun77.jpg)
No período tivo lugar a transformación social do estado español desde a ditadura ata a democracia.
Con todo, non hai consenso entre os politicólogos para delimitar a data no que se entende consumada a transición, e así, propóñense outros fitos como:
- A superación do errado golpe de estado do 23 de febreiro de 1981.
- A primeira vitoria electoral dun partido de esquerdas (PSOE) nas eleccións xerais do día 28 de outubro de 1982.
- Incluso hai quen sitúa o fin da transición no primeiro relevo pacífico dun goberno elixido en democracia logo da II República Española (eleccións do ano 1996, gañadas polo Partido Popular).
- A idea dunha transición incompleta, inacabada ou mal feita tamén é unha vertente con certo corpo dentro da sociedade do Estado español, principalmente no electorado de esquerda e nos grupos nacionalistas tirante o nacionalismo español. Tamén é unha reflexión de peso dentro de asociacións pola recuperación da memoria histórica ou de reivindicación de dereitos dos represaliados polo réxime franquista.[1][2][3][4][5][6][7].
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fc/Flag_of_Spain_%281977%E2%80%931981%29.svg/640px-Flag_of_Spain_%281977%E2%80%931981%29.svg.png)