![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/2012_Tour_de_France_map.png/640px-2012_Tour_de_France_map.png&w=640&q=50)
Tour de Francia 2012
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tour de Francia 2012 foi a 99ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O seu percorrido comezou o 30 de xuño na cidade belga de Liexa e rematou o 22 de xullo en París.
Tipo | Tour de Francia ![]() |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Parte de | UCI World Tour 2012 ![]() |
Distancia do evento | 3.494,4 km ![]() |
Lugar de saída | Liexa ![]() |
Liña de meta | París ![]() |
Número de participantes | 198, inicio 153, final ![]() |
Participantes | |
2012 AG2R La Mondiale (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Localización e Datas | |
País | Francia, Bélxica e Suíza ![]() |
Intervalo de tempo | 30 de xuño de 2012 – 22 de xullo de 2012 ![]() |
Número de edición | 99 ![]() |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Bradley Wiggins |
Segundo da clasificación xeral | Christopher Froome |
Terceiro da clasificación xeral | Vincenzo Nibali |
Gañador da clasificación por puntos | Peter Sagan |
Gañador da clasificación da montaña | Thomas Voeckler |
Vencedor da classificação dos jovens | Tejay van Garderen |
Winner of the most combative rider | Chris Anker Sørensen |
Vencedora da classificação por equipas | RadioShack-Nissan 2012 |
![]() | |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.fr… ![]() |
Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).
A carreira presentou as ausencias salientables de Alberto Contador (sancionado pola UCI por dopaxe) e Andy Schleck (cunha fractura no óso sacro). Ningún ciclista galego participou nesta edición.
O autraliano Cadel Evans presentábase na carreira coa misión de defender a vitoria acadada na edición 2011, pero non foi quen de conseguilo. O británico Bradley Wiggins acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando con autoridade as dúas contra o reloxo longas, e axudado por un potente equipo, o Sky, no que tamén salientou Chris Froome, que rematou a carreira no segundo posto da clasificación xeral. Terceiro foi o italiano Vincenzo Nibali.