From Wikipedia, the free encyclopedia
Tomé de Villanueva, nado en Fuenllana (actual Cidade Real), en 1488 e finado en Valencia o 9 de setembro de 1555, foi un relixioso católico español.
Nome orixinal | (es) Tomás de Villanueva |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1488 Fuenllana |
Morte | 8 de setembro de 1555 (66/67 anos) Valencia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Alcalá (histórica) (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía e catolicismo |
Ocupación | sacerdote católico (1518–), filósofo , teólogo |
Alumnos | Domingo de Soto |
Lingua | Lingua castelá e lingua latina |
Orde relixiosa | Orde de Santo Agostiño |
Consagración | Juan Pardo de Tavera |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 8 de setembro |
Da súa mocidade cóntanse excentricidades como quedar en varias ocasións espido por terlle entregado todo aos pobres. Fixo estudos de Artes e Teoloxía na Universidade de Alcalá de Henares e ingresou na orde dos agostiños en 1516. En 1518 foi ordenado sacerdote. Dedicou a súa vida á atención, coidado e promoción dos marxinados, doentes e orfos. Carlos V ofreceulle o arcebispado de Granada que el rexeitou. Por obediencia ao superior da súa congregación aceptou o arcebispado de Valencia, dende onde organizou un plan de asistencia e auxilio social. Faleceu dunha anxina de peito aos sesenta e seis anos.
Predicou contra a festa dos touros que consideraba un espectáculo duro e cruelísimo, e denunciaba en nome de Xesucristo aos que consentían ou non prohibían as corridas. Consideraba a estas un pecado mortal e calificaba de homicidas aos que apoiaban expresa ou tacitamente a festa
Foi canonizado por Alexandre VII en 1658. É patrón da Universidade de Cidade Real, da Universidade Villanova en Pensilvania. No calendario do catolicismo a súa festa celébrase o 10 de outubro. Francisco de Quevedo escribiu unha biografía súa: Epítome a la historia de la vida ejemplar y gloriosa muerte del bienaventurado frai Tomás de Villanueva
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.