Tirinto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tirinto ou Tirinte (en grego antigo Τίρυνς e en moderno Τίρυνθα) é un sitio arqueolóxico micénico no nomos grego da Argólida na península do Peloponeso, algúns quilómetros ao norte de Nauplia.
Datos rápidos Sitios arqueolóxicos de Micenas e Tirinto, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Sitios arqueolóxicos de Micenas e Tirinto | |
---|---|
Unha das galerías acaroadas á muralla de Tirinto. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Grecia |
Localización | 37°35′58″N 22°47′59″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III, IV, VI |
Inscrición | 1999 (23ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 941 |
Pechar
Tivo asentamentos desde o Neolítico e alcanzou o seu cénit entre o -1400 e o -1200 Os seus elementos máis notábeis foron o seu palacio, os seus túneles ou pasadizos e dous aneis de murallas ciclópeas, sobre todo estas últimas, posto que lle outorgaron á cidade o epíteto homérico de Tirinto, a de grandes murallas. A súa acrópole recibía o nome de Licimna[1].