Tiburóns
peixes cartilaxinosos elasmobranquios integrantes da superorde dos selaquimorfos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tiburóns, escualos ou quenllas son os peixes cartilaxinosos elasmobranquios integrantes da superorde dos selaquimorfos (Selachimorpha, do grego σέλαχος sélachos, "tiburón" e μορφή morphé, "forma") ou euselaquios (Euselachii, do grego εύ eú, "ben", e σέλαχος sélachos, "tiburón", isto é, "os tiburóns verdadeiros").
Selaquimorfos Selachimorpha Tiburóns Rango fósil: silúrico - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Marraxo azul (Isurus oxyrinchus) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Ordes actuais[1] | |||||||||||||
Caracterízanse por seren grandes predadores mariños cun esqueleto cartilaxinoso, múltiples galadas (xeralmente cinco) a ambos os lados ou debaixo da cabeza, dentículos dérmicos cubrindo o corpo e varias ringleiras de dentes substituíbeis na boca. Porén, existen excepcións a estas características, en especial no que se refire a "grande", "mariño" e "predador".
Os tiburóns inclúen dende especies pequenas das profundidades mariñas, até o tiburón balea, o maior dos peixes, que pode chegar a 18 m de lonxitude e se alimenta soamente de plancto. O tiburón touro pódese desprazar a ríos e lagos de auga doce e algúns ataques a humanos aconteceron en ríos. Algunhas das especies maiores, en especial o marraxo azul e o tiburón branco, son endotermos parciais, capaces de manteren a súa temperatura corporal por riba da do medio acuático no que viven.
Das máis de 375 especies de tiburóns encontradas nos océanos do mundo, só unhas 30 atacaron algunha vez a seres humanos. As especies responsábeis da maioría destes ataques non provocados a humanos son o tiburón branco, o tiburón tigre e o Carcharhinus leucas.