From Wikipedia, the free encyclopedia
Os heterodontiformes (Heterodontiformes) son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos,[2] coñecidos vulgarmente na bibliografía como tiburóns cornudos.
Heterodontiformes (Heterodontiformes) Tiburóns cornudos Rango fósil: triásico temperán - actualidade [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tiburón de Port Jackson (Heterodontus portusjacksoni) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
A orde inclúe unha soa familia, a dos heterodóntidos (Heterodontidae), cun só xénero actual, Heterodontus, que reúne nove especies.
Os heterodontiformes son tiburóns moi primitivos de pequeno tamaño, de tan só 165 cm de lonxitude como máximo. Posúen dúas aletas dorsais, cada unha provista dunha espiña; e presentan aleta anal. Tieñen cinco fendeduras branquiais e os espiráculos son pequenos. Os ollos carecen de membrana nictitante. Os nostrilos están conectados coa boca por un profundo suco. Os dentes anteriores son pequenos e cuspidados, e os posteriores anchos e molariformes (en forma de moa). O morro é moi curto e arredondado.[3]
Habitan polo regular entre os 2 e os 150 m de profundidade, en arrecifes, bosques de algas, rochas e cavernas. A maioría son nocturnos, permanecendo pouco activos durante o día. Aliméntanse no fondo. Son agresivos, xa que poden morder se se os agride. Son ovíparos; os ovos están envolvidos nunha gran funda espiral. Na cópula, o macho morde á femia até que esta o acepta.
Viven en augas temperadas e cálidas do océano Índico e o oeste do Pacífico. Ausentes no Atlántico.[3]
Os heterodontiformes inclúen unha soa familia, Heterodontidae, con tres xéneros extintos e só un actual:[4]
Os heterodontiformes inclúen nove especies actuales, todas no xénero Heterodontus:[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.