Thermotoga
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Thermotoga é un xénero de bacterias pertencente ao filo Thermotogae. As especies de Thermotoga son hipertermófilas e a súa célula está envolta nunha exclusiva membrana externa similar a unha vaíña, chamada toga.
Thermotoga | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Deseño da sección dunha Thermotoga maritima mostrando a súa "toga" | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Species | |||||||||||
Thermotoga caldifontis[1] |
Os membros de todo o filo son gramnegativos, xa que posúen unha capa delgada de peptidoglicano situada entre dúas bicapas lipídicas, ambas peculiares.[2] O seu peptidoglicano é pouco habitual, xa que establece enlaces cruzados non só con meso-diaminopimelatos como ocorre nas proteobacterias, senón tamén con D-lisina.[3][4]
As especies do xénero son anaerobias con varios graos de tolerancia ao oxíxeno. Poden reducir xofre elemental (S0) a sulfuro de hidróxeno, que á súa vez pode ser posteriormente utilizado.[2]
Non está claro se a termofilia é unha innovación da liñaxe ou un trazo ancestral.
O xenoma de Thermotoga maritima foi secuenciado en 1999, revelando a presenza de varios xenes de orixe arqueana, que posiblemente permitiron a súa adaptación á termofilia.[5] O contido GC (citosina-guanina) de T. maritima é do 46,2%;[2] como a maioría dos termófilos teñen altos contidos CG, isto levou a especular que o alto contido CG pode ser unha consecuencia non esencial da termofilia e non ser un impulso cara á termofilia.[6][7]
A especie tipo do xénero é T. maritima, que se describiu en 1986.[2] Naquel momento era a única especie do filo que fora descrita. O xénero Thermotoga contén agora nove especies oficialmente,[8] mentres que o filo contén unha soa familia (Thermotogaceae) con dez xéneros (Fervidobacterium, Geotoga, Kosmotoga, Marinitoga,Mesotoga, Petrotoga, Thermococcoides, Thermosipho, Thermotoga e Oceanotoga).
A relación precisa do filo Thermotogae con outros filos bacterianos é moi debatida: varios estudos atoparon que o filo é unha ramificación moi antiga (no manual de Bergey aparece, de feito, no volume I, que leva o título "Volume I: As Archaea e as Bacteria fototróficas e de ramificación antiga"),[9] mentres que outros atoparon que Firmicutes se ramificou temperanmente cun grupo de Thermotogae separándose desde a base.
O nome neolatino feminino "thermotoga" procede á súa vez do nome grego θέρμη (therme, calor) ou máis exactamente do adxectivo θερμός, ή, όν (thermos, e, on, quente) e da palabra latina feminina toga (vestimenta romana).[2]
O artigo e o capítulo do manual de Bergey onde se describe o xénero foi escrito por varios autores, como Karl Stetter e Carl Woese.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.