Filme de 2015 dirixido por Alejandro González Iñárritu From Wikipedia, the free encyclopedia
The Revenant é un filme estadounidense dirixido por Alejandro G. Iñárritu que se estreou no 2015. Está ambientado en 1823, en Montana e Dacota do Sur, e o guión foi escrito por Mark L. Smith e Iñárritu baseándose na novela de Michael Punke The Revenant: A Novel of Revenge. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Tom Hardy, Will Poulter e Domhnall Gleeson.[4]
The Revenant | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Revenant |
Director | Alejandro G. Iñárritu |
Produtor | Arnon Milchan Steve Golin David Kanter Alejandro G. Iñárritu Mary Parent James W. Skotchdopole Keith Redmon |
Guión | Mark L. Smith Alejandro G. Iñárritu |
Baseado en | The Revenant de Michael Punke |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Tom Hardy Domhnall Gleeson Will Poulter |
Música | Ryuichi Sakamoto Alva Noto Bryce Dessner |
Fotografía | Emmanuel Lubezki |
Montaxe | Stephen Mirrione |
Estudio | Anonymous Content Appian Way M Productions New Regency Pictures RatPac-Dune Entertainment Regency Enterprises |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Teatro Chinés de Grauman: 16 de decembro de 2015 25 de decembro de 2015 |
Duración | 156 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama histórico |
Orzamento | $135 000 000[2] |
Recadación | $532 700 000[3] |
Na rede | |
http://www.foxmovies.com/movies/the-revenant | |
|
O desenvolvemento do filme comezou en agosto de 2001, cando Akiva Goldsman mercou o manuscrito de Punke coa intención de producir o filme. Orixinalmente pensouse en Park Chan-wook como director e a Samuel L. Jackson como protagonista, e posteriormente a John Hillcoat con Christian Bale. Ámbolos directores rexeitaron o proxecto, asinou como Iñárritu en agosto de 2011. En abril de 2014, despois de varios atrasos na produción por mor doutros proxectos, Iñárritu confirmou que comezaría a traballar en The Revenant e que DiCaprio sería o protagonista. É a segunda colaboración de Leonardo DiCaprio e Tom Hardy (sendo o primeiro Orixe).
O filme foi nomeado a doce Premios Óscar na 88ª entrega de 2016, gañando tres deles: mellor director para Iñárritu, mellor actor para DiCaprio e mellor fotografía para Emmanuel Lubezki.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.