From Wikipedia, the free encyclopedia
The Nice foi unha banda inglesa de rock progresivo activa a finais dos anos 60. O grupo mesturaba rock, jazz e música clásica e foi a primeira banda comercialmente exitosa do teclista Keith Emerson.
The Nice | |
---|---|
The Nice en 1970. | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1967 - 1970 2002 |
Xénero(s) | rock progresivo, rock psicodélico, jazz fusion, art rock, proto-prog |
Selo(s) discográfico(s) | Immediate, Charisma |
Membros | Keith Emerson Lee Jackson David O'List Ian Hague Brian Davison |
Na rede | |
O grupo formárono en 1967 Emerson, Lee Jackson, David O'List e Ian Hague para apoiar á cantante de soul P. P. Arnold.[1] Tras substituír a Hague por Brian Davison, o grupo estableceuse pola súa conta, conseguindo rapidamente un gran público. As actuacións ao vivo de The Nice presentaban a espectacularidade do órgano Hammond de Emerson e o abuso do instrumento. As súas composicións incluían arranxos radicais de temas musicais clásicos e de cancións de Bob Dylan.
A banda conseguiu o éxito comercial cun arranxo instrumental do tema de Leonard Bernstein "America",[1] tras o cal O'List marchou. O resto dos membros continuaron como trío, publicando varios álbums, antes de que Emerson decidise deixar a banda a principios de 1970 para formar Emerson, Lake & Palmer.[1] O grupo reformouse brevemente no ano 2022 para unha serie de concertos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.