From Wikipedia, the free encyclopedia
Emerson, Lake & Palmer foi un supergrupo inglés de rock progresivo formado en Londres en abril de 1970.[1][2] A banda estaba composta por Keith Emerson (teclados), Greg Lake (voces, baixo, guitarra e produtor) e Carl Palmer (batería e percusión). Con nove discos de ouro certificados pola RIAA nos Estados Unidos,[3] e unhas vendas estimadas de 48 millóns de discos en todo o mundo,[4] foi unha das bandas de rock progresivo máis populares e exitosas comercialmente dos anos 70,[5][6] cun son que incluía adaptacións de música clásica con jazz e elementos do rock sinfónico, dominado polo uso extravagante por parte de Emerson do órgano Hammond, o sintetizador Moog, e o piano (aínda que Lake compuxo varios temas acústicos para o grupo).[7]
Emerson, Lake & Palmer | |
---|---|
A banda en Toronto en 1978 | |
Orixe | Croydon, Londres, Inglaterra |
Período | 1970 - 1979 1990 - 1998 2010 |
Xénero(s) | rock progresivo, art rock |
Selo(s) discográfico(s) | Island, Cotillion, Atlantic, Manticore, Sanctuary, Rhino, Shout! Factory, Victor, Sony Music, Orizzonte, Razor & Tie, Victory, Eagle |
Membros | Keith Emerson Greg Lake Carl Palmer |
Na rede | |
emersonlakepalmer.com | |
A banda fíxose famosa tras a súa actuación no Festival da Illa de Wight en agosto de 1970. No seu primeiro ano o grupo fichou por E.G. Records (que distribuía dos discos da banda a través de Island Records no Reino Unido e de Atlantic Records en América do Norte), e publicou Emerson, Lake & Palmer (1970) e Tarkus (1971), acadando ámbolos dous o top 5 británico. O éxito da banda continuou con Pictures at an Exhibition (1971), Trilogy (1972), e Brain Salad Surgery (1973, editado a través do porpio selo do grupo, Manticore Records). Tras unha pausa de tres anos, Emerson, Lake & Palmer publicou Works Volume 1 (1977) e Works Volume 2 (1977). Tras Love Beach (1978), o grupo separaríase en 1979.
O grupo reformouse parcialmente nos anos 80 como Emerson, Lake & Powell con Cozy Powell no lugar de Palmer, que nese momento era membro de Asia. Robert Berry entón substituíu a Lake cando Palmer regresou, formando 3. En 1991, o trío orixinal reformouse e publicou dous álbums máis, Black Moon (1992) e In the Hot Seat (1994), xirando varias veces entre 1992 e 1998. A súa derradeira actuación foi no ano 2010 no High Voltage Festival en Londres para celebrar o 40 aniversario da banda. Tanto Emerson como Lake morreron en 2016,[8][9][10] deixando a Palmer como único membro supervivente.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Emerson, Lake & Palmer | 1970 | Island Records |
Tarkus | 1971 | Island Records |
Trilogy | 1992 | Island Records |
Brain Salad Surgery | 1973 | Manticore Records |
Works Volume 1 | 1977 | Atlantic Records |
Works Volume 2 | 1977 | Atlantic Records |
Love Beach | 1978 | Atlantic Records |
Emerson, Lake & Powell | 1986 | Polydor |
To the Power of Three | 1988 | Geffen Records |
Black Moon | 1992 | Victory Records |
In the Hot Seat | 1994 | Victory Records |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.