From Wikipedia, the free encyclopedia
The Lost Thing (en galego A cousa perdida) é un libro escrito e ilustrado por Shaun Tan, publicado no ano 2000, que tamén foi adaptado nunha curtametraxe de animación gañadora dun Oscar.[1]
The Lost Thing | |
---|---|
Título orixinal | The Lost Thing |
Autor/a | Shaun Tan |
Ilustrador/a | Shaun Tan |
Orixe | Australia |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Lothian Books |
Data de pub. | 2000 |
Páxinas | 32 |
ISBN | 978-0-7344-1138-9 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está ambientado nun futuro próximo, en Melbourne, Australia. The Lost Thing é unha historia sobre un rapaz que desfruta recollendo tapóns de plástico para a súa colección de tapas de botellas. Un día, mentres recollía os tapóns de plástico preto da praia, descobre unha estraña criatura, que parece ser unha combinación dunha caldeira industrial, un cangrexo e un polbo. Isto é o que o narrador denomina the lost thing.
O neno dáse de conta de que a criatura se perdera e intenta atoparlle o dono pero non o consegue debido a indiferenza dos demais.
No ano 2010, o libro foi adaptado nunha curtametraxe de 15 minutos dirixida por Shaun Tan e Andrew Ruhemann e narrada por Tim Minchin. Gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 83ª edición dos premios.[2] Foi nomeada ós Premios Hugo no 2011.
Foi producido por Sophie Byrne con Passion Pictures Australia[3] e animado polos artistas Tom Bryant e Leo Baker. Tom Bryant traballou dende Escocia, mentres Leo Baker traballou dende Melbourne. O filme estivo en desenvolvemento por varios anos, pero levou tres anos de traballo a tempo completo para completalo, entre 2007 e 2010.[4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.