The Dead Milkmen é unha banda estadounidense de punk rock formada en 1983 en Filadelfia, Pensilvania. A súa formación orixinal consistía no vocalista e teclista Rodney Linderman ("Rodney Anonymous"), o guitarrista e vocalista Joe Genaro ("Joe Jack Talcum"), o baixista Dave Schulthise ("Dave Blood") e o batería Dean Sabatino ("Dean Clean").
The Dead Milkmen | |
---|---|
The Dead Milkmen en 2010 | |
Orixe | Filadelfia, Pensilvania, |
Período | 1983 - 1995 2004 2008 - presente |
Xénero(s) | punk rock, indie rock, cowpunk, rock cómico |
Selo(s) discográfico(s) | Restless Records, Enigma Records, Hollywood Records |
Membros | Joe Genaro Rodney Linderman Dean Sabatino Dan Stevens |
Antigos membros | Dave Schulthise |
Na rede | |
deadmilkmen.com | |
A banda distinguiuse na escena hardcore punk de principios dos 80 polo seu son punk jangly e o seu humor sardónico entregado cun forte acento de Filadelfia. O grupo chamou a atención das emisoras de radio universitarias co seu álbum de estrea de 1985, Big Lizard in My Backyard, e co tema "Bitchin' Camaro". Longas xiras e máis lanzamentos axudaron á banda a conseguir máis seguidores no underground.
The Dead Milkmen conseguiu éxito internacional coa canción "Punk Rock Girl", un sinxeo do seuálbum de 1988 Beelzebubba que foi emitido regularmente na MTV.[1] Despois dunha temporada desafortunada co selo Hollywood Records, de problemas de saúde e frustracións coa industria a raíz do seu éxito a banda separouse en 1995.
O grupo reuniuse en 2008, con Dan Stevens substituíndo ao falecido Dave Schulthise. En 2011 publicaron The King in Yellow, o seu primeiro álbum de estudio en 16 anos.[2] Dende entón a banda realiza xiras esporadicamente e publica novo material de cando en vez.[3]
Discografía
Álbums
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Big Lizard in My Backyard | 1985 | Restless Records |
Eat Your Paisley! | 1986 | Restless Records |
Bucky Fellini | 1987 | Enigma Records |
Beelzebubba | 1988 | Enigma Records |
Metaphysical Graffiti | 1990 | Enigma Records |
Soul Rotation | 1992 | Hollywood Records |
Not Richard, But Dick | 1993 | Hollywood Records |
Stoney's Extra Stout (Pig) | 1995 | Restless Records |
The King in Yellow | 2011 | autoeditado |
Pretty Music for Pretty People | 2014 | Quid Ergo |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.