Tetraoninos
subfamilia de aves / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos tetraoninos (Tetraoninae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes, clasificadas na familia dos fasiánidos, entre as que as máis coñecidas son as pitas do monte. A clasificación máis común para este taxon é consideralas como subfamilia, pero ás veces foron clasificados como a familia tetraónidos (Tetraonidae). Esta clasificación como unha subfamilia de fasiánidos está apoiada por estudos das secuencias de ADN mitocondrial,[1] e é a aplicada pola American Ornithologists' Union,[2] ITIS,[3] e outros.[4]
Tetraoninos Tetraoninae Rango fósil: Plioceno temperán - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho de Centrocercus urophasianus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||
|
Habitan en rexións temperadas e subárticas do hemisferio norte, en hábitats que van desde bosques de piñeiros a páramos e ladeiras montañosas,[5] desde unha latitude de 83 °N (o Lagopus muta vive no norte de Groenlandia) a 28 °N (o Tympanuchus cupido attwateri vive en Texas).[6]