From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos fasiánidos (Phasianidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes, na que están incluídos os galos, faisáns, pavos, pavóns, perdices, paspallases e outras aves terrestres. Conta cunhas 186 especies repartidas en 4 subfamilias, con 46 xéneros.
Fasiánidos Phasianidae Rango fósil: eoceno-actualidade 48,6 - 0 Ma [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabeza de pavón (Pavo cristatus), macho | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||
|
Son xeralmente robustas e con plumaxe de cores máis ou menos rechamantes, e coas ás curtas en relación ao corpo, polo que non son axeitadas para voaren a longas distancias. Comen sementes e complementan a súa dieta con insectos. A plumaxe dos machos ten moito máis colorido que a das femias; a súa cola é longa e remata en punta. As femias, de tamaño é un pouco menor que o dos machos, e teñen unha plumaxe de cor máis uniforme, na que se mesturan plumas marróns e grises. Coidan os seus niños e crías con moita dedicación.
O fasiánidos son aves terrestres. O seu tamaño varía entre os 12,5 cm do paspallás chinés (Excalfactoria chinensis) até os 120 cm do pavón verde (Pavo muticus), e o seu peso vai desde os 43 g do paspallás chinés aos 6 kg do pavón común (Pavo cristatus). Pero se os pavos se inclúen, como se fai actualmente, en lugar de clasificalos como unha familia separada, o pavo bravo (Meleagris gallopavo) é considerabemente máis pesado, xa que alcanza un peso máximo de máis de 17 kg.[2][3]
Os fasiánidos son, na maioría, unha familia do Vello Mundo, cunha distribución que inclúe a maior parte de Europa e Asia (excepto o extremo norte), toda a África (excepto os desertos máis secos) e, ao sur, habitan tamén en gran parte da Australia oriental e (antigamente) en Nova Zelandia. A subfamilia dos meleagridinos (pavos) son propios do Novo Mundo, mentres que os tetraoninos (pitas do monte e similares) son circumpolares. A maior diversidade de especies está no sueste asiático e en África. O Afropavo congensis é endémico da africana cunca do Congo. A subfamilia dos perdicinos ten unha distribución moito máis estendida: dentro da súa área de distribución ocupan case todos os hábitats dispoñíbeis, agás os bosques boreais e a tundra ártica.
Varias especies de faisáns e de perdices son moi importantes para os seres humanos. O galo banquiva (Gallus gallus) do sueste asiático é o antepasado silvestre do galo doméstico, a ave máis importante da gandaría. Os faisáns comúns (Phasianus colchicus), varias especies de perdices e paspallases e algúns francolíns (Francolinus sp.) foron amplamente introducidos e xestionados como aves de caza. Varias especies de fasiánidos están ameazadas por actividades humanas.
A familia foi descrita en 1821 polo naturalista estadounidense Thomas Horsfield.[4]
Segundo a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 8.2, 2019), recoñécense as subfamilias seguintes:[5]
O clado Phasianidae é a maior das ramas dos Galliformes, e está composto por máis de 150 especies. Este grupo inclúe os faisáns as perdices e os paspallases, os galos e os pavóns. Os pavos e as pitas do monte e similares tamén foron recoñecidos, xa que teñen as súas orixes ligadas ás dos faisáns e as perdices.
Até o inicio da década de 1990, esta familia estaba dividida en dúas subfamilias: a dos Phasianinae, que incluía os faisáns, tragopáns (Tragopan sp.), galos e pavóns,[6] e a dos Perdicinae, que reunía as perdices, os paspallases do Vello Mundo e o francolíns (Francolinus sp.).[7] Estudos filoxenéticos moleculares demostraron que estas dúas subfamilias non son monofiléticas, senón que constitúen só unhas liñaxes cun antepasado común. Por exemplo, algunhas perdices (as do xénero Perdix) están máis próximas aos faisáns, mentres que as perdices do xénero Alectoris están máis preto dos galos siletres.[8][9]
Relacións filoxnéticas dos galiformes vivos, baseada na obra de John Boyd.[10]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.