composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O tetróxido de dinitróxeno, referido tamén como tetróxido de nitróxeno, é un composto químico de fórmula N2O4. É un axente reactivo útil en síntese química. Forma un equilibrio de mestura co dióxido de nitróxeno. A súa masa molar é de 92,011 g/mol.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |
Tetróxido de dinitróxeno | |
---|---|
O dióxido de nitróxeno a −196 °C, 0 °C, 23 °C, 35 °C e 50 °C. O (NO 2) convértese en tetróxido de dinitróxeno incoloro (N 2O 4) a baixas temperaturas e reverte a NO 2 a temperaturas máis altas. | |
Tetróxido de dinitróxeno | |
Identificadores | |
Número CAS | 10544-72-6 |
PubChem | 25352 |
ChemSpider | 23681 |
UNII | M9APC3P75A |
Número CE | 234-126-4 |
Número UN | 1067 |
ChEBI | CHEBI:29803 |
Número RTECS | QW9800000 |
Referencia Gmelin | 2249 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | N2O4 |
Masa molecular | 92,011 g/mol |
Aspecto | Líquido incoloro, gas laranxa |
Densidade | 1,44246 g/cm3 (líquido, 21 °C) |
Punto de fusión | −112 °C; −170 °F; 161 K |
Punto de ebulición | 2 169 °C; 3 936 °F; 2 442 K |
Solubilidade en auga | Reacciona ata formar ácidos nítrico e nitroso |
Presión de vapor | 96 kPa (20 °C)[1] |
Susceptibilidade magnética (χ) |
−23,0·10−6 cm3/mol |
Índice de refracción (nD) | 1,00112 |
Estrutura | |
Forma da molécula | Plana, D2h |
Momento dipolar | pequeno, distinto de cero |
Termoquímica | |
Entalpía estándar de formación ΔfH |
+9,16 kJ/mol[2] |
Entropía molar estándar S |
304,29 J/K⋅mol[2] |
Perigosidade | |
Pictogramas GHS | |
Palabra sinal GHS | Danger |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | Non inflamable |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O tetróxido de dinitróxeno é un oxidante moi potente. É hipergólico (reacciona espontaneamente) en contacto con varias formas de hidracina, formando xuntos unha combinación de propelente para foguetes.
O tetróxido de dinitróxeno pode considerarse como a unión de dous grupos nitro (-NO2). Mantensen en equilibrio de mestura co dióxido de nitróxeno.[3] A molécula é plana cunha distancia de ligazón entre nitróxenos de 1,78 Å e entre nitróxenos e osíxenos de 1,19 Å. A distancia entre N-N correspóndese cunha ligazón débil ao ser significativamente maior que a ligazón media entre nitróxenos soltos, de 1,45 Å.[4] Isto resulta na deslocalización simultánea do par de electróns de ligazón ó longo de toda a molécula e unha repulsión electrostática considerable dos orbitais moleculares doblemente ocupados de cada NO2[5].
A diferenza do NO2, o N2O4 é diamagnético ao non ter electróns desaparellados[6]. O líquido é incoloro pero podo adquirir tons marróns e amarelos debido á presenza de NO2.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.