![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/MouseChromosomeTerritoriesBMC_Cell_Biol6-44Fig2.jpg/640px-MouseChromosomeTerritoriesBMC_Cell_Biol6-44Fig2.jpg&w=640&q=50)
Territorio cromosómico
rexión do núcleo celular que está ocupada preferentemente por determinados cromosomas / From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía celular, os territorios cromosómicos son rexións do núcleo celular que están ocupadas preferentemente por determinados cromosomas. Cada cromosoma encóntrase no seu propio territorio.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/MouseChromosomeTerritoriesBMC_Cell_Biol6-44Fig2.jpg/640px-MouseChromosomeTerritoriesBMC_Cell_Biol6-44Fig2.jpg)
Os cromosomas durante a interfase están en estado de fibras de cromatina, que son longas fibras formadas por ADN e histonas que están moi pregadas en zonas do núcleo, de modo que este descríbese ás veces como unha cunca de espaguetis. O concepto de territorio cromosómico afirma que malia esta aparente desorde, cada cromosoma ocupa unha rexión definida do núcleo, polo que en realidade o núcleo sería unha parte da célula moi organizada.[1] A maioría dos eucariotas crese que presentan estes territorios cromosómicos, aínda que no lévedo de xemación Saccharomyces cerevisiae non se atoparon.[2]