From Wikipedia, the free encyclopedia
Terra Lliure foi unha organización armada independentista catalá, fundada en 1978 e que se deu a coñecer oficialmente no Camp Nou do Futbol Club Barcelona o 23 de xuño de 1981, no marco da campaña "Som una Nació". A xustiza e as forzas de seguridade do estado español consideraron ó grupo como unha banda terrorista.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Terra Lliure (TLLI) | |
---|---|
Pintada de apoio á organización, onde aparece tamén o logo da mesma. | |
Organización armada dos Países Cataláns | |
Líderes | Pere Bascompte |
Creación | 1981 (Disolta en 1995) |
Área de operacións | Accións en todo o territorio coñecido como Países Cataláns |
Ideoloxía | Independentismo catalán Socialismo |
Vencellado a | Moviment de Defensa de la Terra Partit Socialista D'Alliberament Nacional |
Publicación | Alerta |
Status | Considerada terrorista pola xustiza española Abandonou a loita armada en 1995 |
O 26 de xaneiro de 1979 morreu abatido pola policía nun control un membro da organización, Martí Marcó, e pouco despois, o 2 de xuño, morreu Fèlix Goñi e o membro do seu comando Quim Pelegrí resultou gravemente ferido ao estourar unha bomba en Barcelona. Como resultado da documentación obtida, arréstase a Frederic Bentanachs e Griselda Pineda, acusados de formar o brazo armado do IPC. A raíz destas e doutras detencións de independentistas de EPOCA formáronse os Comitès de Solidaritat amb els Patriotes Catalans (CSPC), entendidos como unha plataforma de defensa política dos independentistas en prisión, e Terra Lliure quedou paralizada durante uns meses, namentres analizaban os erros das accións emprendidas e argallaban un novo plan de acción.
Durante o ano 1980 incorporáronse novos militantes provenientes doutros proxectos anteriores onde a loita armada era o referente principal: antigos membros de EPOCA (Exèrcit Popular Català) ou o FAC (Front d´Alliberament Català), ou outras organizacións independentistas, como o PSAN (Partit Socialista D'Alliberament Nacional) ou IPC (Independentistes dels Països Catalans).
En 1981 Terra Lliure secuestrou ao xornalista español Federico Jiménez Losantos, a quen liberaron o mesmo día despois de que Pere Bascompte lle disparase na perna. En decembro do mesmo ano, a policía detivo a unha vintena de persoas, pero tan só foron encarcerados Pere Bascompte e Jaume Llussà, acusados de pertenza a Terra Lliure, entrementres que o resto foron liberados.
A I Asemblea da organización celebrouse en 1982 en Cataluña Norte entre o 16 e o 17 de setembro, a primeira parte, e entre o 13 e o 14 de novembro, a segunda parte. Poucos días despois, o 15 e o 16 de novembro de 1982, a policía anunciou o achado dun depósito agochado con explosivos e armamento na Serra de Collserola. Aplicou entón a lei antiterrorista a diversas persoas, pero tan só Carles Benítez e Xavier Monton terminaron na cadea.
A raíz das detencións de militantes produciuse unha crise xa que a dirección non aceptaba as críticas. Desta crise derivou a expulsión dalgúns militantes disidentes que querían deter a actividade para entrar nunha etapa de reflexión sobre o futuro da organización na cal participasen as organizacións independentistas PSAN e IPC, e outros grupos que participaban da construción do MDT (Moviment de Defensa de la Terra) como aglutinador do independentismo, e que habería debilitar a IPC.
O 26 de xaneiro de 1984 celébrase a II Asemblea, na cal apróbanse os Estatutos e a Declaración de Principios. En febreiro de 1984 a organización lanza unha revista nomeada "Alerta", o seu medio de comunicación, onde se publicarían os comunicados oficiais, as accións rematadas e o que a organización quixese comunicar ó pobo catalán.
A principios de 1985 prodúcense novas detencións: o 19 de xaneiro en Puigcerdà, de Jaume Fernàndez, Montserrat Tarragó e Carles Sastre, refuxiados durante anos en Cataluña Norte, e o 20 de xaneiro, en Barcelona, Enric Pascual, en Alcanar (Montsià), Josep Lluís Rovira. Os cinco son conducidos á Audiencia Nacional de Madrid. O 22 de xaneiro volve a ser detido Pere Bascompte en Perpiñán. Outros independentistas e refuxiados son interrogados e retidos. Finalmente, os casos de Enric Pascual e Josep Lluís Rovira quedan arquivados e son liberados poucos días despois. O 16 de decembro, o militante Joaquim Sànchez morre ó estoupar o artefacto que estaba preparando e en relación con este feito é detido Jordi Cort.
En febreiro de 1986 Terra Lliure anuncia o comezo dunha campaña contra a celebración dos Xogos Olímpicos en Barcelona. Son detidos Joan Mateu e Antoni Ribas, acusados de pertencer a Terra Lliure. Joan Mateu quedaría en liberdade e o seu caso arquivado.
En setembro de 1987 unha bomba colocada no Xulgado de Les Borges Blanques (Garrigues) provocou a caída dunha parede que matou a unha veciña. Este feito replantexará as accións da organización.
A III Asemblea no verán de 1988, redáctanse tres documentos para teorizar e analizar a realidade social do Movemento de Liberación Nacional. A organización aproba un ambicioso plan para o futuro ano olímpico, pero unha parte dos membros comeza a desmarcarse e causa unha profunda crise no independentismo combativo, especialmente do MDT, e éntrase nunha etapa con poucas accións armadas a partir dos anos 90.
Despois de 1991, unha facción liderada por Pere Bascompte abandona a loita armada. O resto da organización continúa as actividades segundo os parámetros da III Asemblea, aínda que sen moita actividade armada até a detención, en xuño de 1992, da sexta parte dos seus militantes no transcurso da chamada Operación Garzón (por Baltasar Garzón, o xuíz que a ordena), pouco antes da celebración dos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992, feito que vai anular a capacidade operativa de Terra Lliure. O partido catalán Esquerra Republicana de Catalunya vai facer de mediador para a reinserción dos presos e que facilitou a integración dos membros da organización no partido, dando a posibilidade de traballar de xeito pacífico pola independeencia.
Cabe destacar que un dos factores máis importantes da disolución de Terra Lliure, coa detención da sexta parte dos seus militantes, que ten lugar pouco antes da celebración dos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992, vai ser a infiltración dun axente dobre na banda. Este "toupo" recibira formación e axuda técnica do axente que se infiltrara en ETA. En ningún dos xuízos celebrados en contra de militantes de Terra Lliure, se fixo referencia ó infiltrado, cousa que fixo sospeitar del aos detidos na Operación Garzón.
A disolución formal foi feita pública o día 11 de setembro de 1995, a Diada nacional de Catalunya. Os presos da organización acabaron sendo liberados, algúns incluso tras negarse a toda medida de beneficio penitenciario.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.