Sir Terence Charles Stuart Morrison-Scott, nado en 1908 e finado en 1991, foi un zoólogo británico. Foi o Director do Museo de Ciencia (Science Museum) e do Museo de Historia Natural (British Museum of Natural History), de Londres, Inglaterra.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaTerence Morrison-Scott
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte1991 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
EducaciónChrist Church College
Eton College
Imperial College London Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo Editar o valor en Wikidata
Deporteremo Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaMorrison-Scott Editar o valor en Wikidata
Premios
Pechar

Traxectoria

Terence Morrison-Scott educouse no Eton College, no Christ Church de Oxford e no Royal College of Science (RCS). Remou en Eton e en Oxford, gañando o Silver Sculls (remeiro de prata) en Oxford. Graduouse no RCS en 1935 cun grao de primeira clase, e despois traballou brevemente como profesor asistente en Eton (1935–1936).

Morrison-Scott foi nomeado asistente conservador de 2ª clase no Departamento de Zooloxía do Museo de Historia Natural de Londres o 1 de outubro de 1936.[2]

Durante a segunda guerra nundial foi membro da Royal Naval Volunteer Reserve (Real Reserva Naval de Voluntarios) e mandou unha flotilla de lanchas de desembarco durante o Día D en Normandía, gañando a Cruz de Servizo Distinguido do Reino Unido.[3] Foi promovido a asistente conservador de 1ª clase en 1943. E chegou a ser xefe da Sección de Mamíferos en 1945 e Científico Principal en 1948. De 1956 a 1960 foi o Director do Museo de Ciencias.[4] Máis tarde, desde 1960, foi Director do Museo de Historia Natural de Londres, até a súa xubilación o 30 de novembro de 1968.[2]

Foi tesoureiro honorario da Zoological Society of London (1950–1976).[3] Así mesmo, foi fideicomisario do Imperial War Museum (1956–1960), e gobernador do Imperial College of Science and Technology (1956–1972), sendo elixido Fellow en 1963.[5] Tamén foi membro do Consello do National Trust for Places of Historic Interest (Fondo Nacional para os lugares de Interese Histórico), desde 1968 a 1983, e membro da Comisión Permanente de Museos e Galerías (1973–10876). Foi nomeado cabaleiro polos seus servizos.

Publicacións

  • Checklist of Palaearctic and Indian mammals 1758 to 1946 / by J.R. Ellerman and T.C.S. Morrison-Scott. Londres: BM (NH), 1951.
  • Checklist of Palaearctic and Indian mammals 1758 to 1946 / by J.R. Ellerman and T.C.S. Morrison-Scott. Londres: BM (NH), 1966.
  • A list of British mammals [by] T. C. S. Morrison-Scott Published Londres, Printed by order of the trustees of the British Museum, 1952.
  • Southern African mammals, 1758–1951: a reclassification, by J. R. Ellerman, T. C. S. Morrison-Scott, and R. W. Hayman, 1909–1973. Publicado en Londres: Printed by order of the trustees of the British Museum, 1953.

Abreviatura

A abreviatura Morrison-Scott emprégase para recoñecer a Terence Morrison-Scott como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.