bispo de Iria Flavia From Wikipedia, the free encyclopedia
Teodomiro foi bispo da diocese de Iria Flavia a comezos do século IX, no ano 818[1] até a súa morte no ano 847.
Biografía | |
---|---|
Morte | 847 (Gregoriano) |
Lugar de sepultura | catedral de Santiago de Compostela |
Bispo de Iria Flavia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | presbítero |
Foi quen puxo en coñecemento da corte de Afonso II de Oviedo.[2] o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, nalgún momento entre o ano 818, cando aínda vivía o seu predecesor, o bispo Quendulfo, e mais o ano 842.
A data do achado non se pode precisar con exactitude[3] sendo unha cuestión controvertida para a Doutrina, a Historiografía tradicional inclínase polo ano 813[4][5][6][7][8][9][10]. Outra polo 814[11], 820-830[12][13] 829[14][15][16], 830[17][18] e 835[19].
O bispo Teodomiro foi informado do achado a través do eremita ou ermitán Pelagius ou Paio, habitante da actual Solovio. Despois de varios días de oracións e de xaxún, o bispo Teodomiro adentrouse na fraga e atopou o sepulcro de pedra que gardaba tres corpos, identificados como os restos mortais do apóstolo Santiago o Maior e dous dos seus discípulos Teodoro e Atanasio[20][21].
Comunicoullo ao rei, e este acudiu rapidamente desde Oviedo a visita-lo lugar[17], converténdose así no primeiro peregrino documentado[22].
O 4 de setembro do ano 834, o rei Afonso II ofreceu a doazón ó bispo Teodomiro do contorno de tres millas do sepulcro[23][20], duplicado despois ata seis polo rei Ordoño I de Oviedo[24]. Debido á importancia do achado, o bispo Teodomiro mudou a sé episcopal de Iria Flavia a Compostela[25]
O "Libro dos Milagres do Apóstolo", o II Códice Calixtino, conta que sendo bispo Teodomiro veu un peregrino italiano penitente autor dun crime e de grandes pecados.[26]
A lauda sepulcral atopouse nas escavacións realizadas por Chamoso Lamas no subsolo da Catedral de Santiago de Compostela, próximo ó suposto sepulcro do Apóstolo. Na lauda sepulcral de Teodomiro descuberta o 17 de setembro de 1955[20] dáse constancia da data da súa morte, o 20 de outubro de 847[27][28], coa seguinte descrición[29]:
En este túmulo descansa el siervo de Dios Teodomiro, obispo de Iria que falleció el décimo tercer día de las kalendas de noviembre. Era de 885.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.