From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tenebriónidos (Tenebrionidae) son unha gran familia de escaravellos, cosmopolita, que comprende un número estimado de especies de 20 000. Os humanos espallaron certas especies por todo o mundo facendo que hoxe teñan unha distribución cosmopolita. Exemplos coñecidos son Tenebrio molitor ou Tribolium castaneum.
Tenebrionidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alphitobius sp. (Tenebrioninae: Alphitobiini) A barra de escala (arriba á dereita) é de 2 mm | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
O nome Tenebrionidae procede do nome do xénero Tenebrio,[1] que á súa vez significa "buscador de lugares escuros"[2] ou figurativamente 'timador'.
Moitas especies de Tenebrionidae habitan en lugares escuros. As excepcións inclúen xéneros como Stenocara e Onymacris, que son activos polo día e inactivos de noite.
A familia comprende unha variada gama de formas, polo que a clasificación presena grandes dificultades. A seguinte lista de subfamilias foi amplamente aceptada en 2005.[3]
Os Tenebrionidae poden identificarse por unha combinación de características, como son :
Os escaravellos tenebriónidos ocupan nichos ecolóxicos principalmente en desertos e bosques como comedores de restos de plantas. A maioría das especies son omnívoros xeneralistas, e aliméntanse de follas en descomposición, madeira podre, materia vexetal fresca, insectos mortos e fungos, sexa como larvas ou adultos.[4] Varios xéneros, como Bolitotherus, son funxívoros especializados, que se alimentan de fungos políporos. Moitas das especies máis grandes non poden voar e as que poden facelo, como Tenebrio molitor, só o fan cando é verdadeiramente necesario, como cando se dispersan ou están malntutridos.[5][6][7]
As larvas son xeralmente escavadoras, están fortemente acoirazadas e son nocturnas. Posiblemente son unha fonte importante de recursos para certos invertebrados e pequenos mamíferos. Porén, os adultos de moitas especies teñen defensas químicas e están relativamente protexidos contra os predadores.[6] Os adultos da maioría das especies, excepto as que son pragas de cereais, teñen metabolismos lentos, e teñen vidas longas comparados con outros insectos, que van desde aproximadamente os seis meses a dous anos.
Algunhas especies viven en desertos moi secos como o de Namibia, e neles evolucionaron adaptacións para recoller pingas de auga da néboa que se depositan nos seus élitros. A medida que se acumula a auga, esta drénase fluíndo polo dorso do animal ata a súa boca, onde a tragan.[8]
Os estadios larvarios de varias especies críanse para a alimentación de animais insectívoros que están en catividade nos laboratorios:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.