Templo de Luxor
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Templo de Luxor (en árabe: معبد الاقصر), iniciado na épcoa de Amenofis III e aumentado máis tarde por Ramsés II, sendo concluído só no período musulmán, é o único monumento do mundo que contén en si mesmo documentos das épocas faraónicas, greco-romana, copta e islámico, con nichos e frescos coptos e ata unha mesquita (Abul Hagague).[1]
Templo de Luxor | |
---|---|
Entrada ao templo de Luxor | |
Presentación | |
Localización | Luxor (Exipto) |
Coordenadas | |
Estilo | Arquitectura exipcia |
Tipo | Templo exipcio |
Construción | |
Inicio | 1400 a.C. |
Estaba dedicado ao deus Amón, mais non só, tamén ás divindades Mut (esposa de Amón) e Khonsu. As súas dimensións son menores do que as do Templo de Karnak, e ambos están dedicados ao mesmo deus. O seu nome antigo era Ipep-resit, traducido como "Harén do Sur", referíndose ás festas que unha vez ao ano tiñan lugar aló. Durante estas festas transportábanse as estatuas de Amón, Mut e Khonsu de Karnak a Luxor. Arredor do século II, o templo foi ocupado polos romanos, mais foi sendo abandonado gradualmente. Foi cuberto polas areas do deserto, ata que en 1881 o arqueólogo Gaston Maspero o redescubriu, que se atopaba moi ben conservado. Para iniciar a escavación, a vila que non obstante medrara preto do templo tivo que ser retirada, só permanecendo unha mesquita, construída polos árabes no século XIII.[1]