![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Mitotic_Telophase.svg/langgl-640px-Mitotic_Telophase.svg.png&w=640&q=50)
Telofase
From Wikipedia, the free encyclopedia
Telofase ou telocinese[1] (do grego; τέλος (telos), "fin" + φάσις (fase), "etapa" ; "Fase final") é a etapa final tanto na meiose como na mitose, despois do proceso de anafase, dunha célula eucariota.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Mitotic_Telophase.svg/220px-Mitotic_Telophase.svg.png)
Durante a telofase, os efectos da profase e da prometafase invírtense (cando o núcleo e a membrana nuclear se desintegran). A medida que os cromosomas chegan aos polos das células, créase unha membrana nuclear arredor de cada conxunto de cromátidas, os nucléolos reaparecen e os cromosomas comezan a descondensarse para formar a cromatina que está presente na interfase. Desfaise o fuso acromático e despolimerízanse os eixes dos microtúbulos.
A citocinese comeza antes da telofase tardía e, cando se completa, segrega os dous núcleos fillos entre un par de células fillas separadas.[2]
A telofase baséase principalmente na desfosforilación de substratos de quinases dependentes de ciclina (Cdk).[2]
A telofase representa aproximadamente o 2 % do tempo do ciclo celular. Unha vez completada a telofase, a mitose está completa e a célula entra no período de interfase.