From Wikipedia, the free encyclopedia
Un telescopio reflector é un telescopio óptico que emprega espellos en lugar de lentes para enfocar a luz e formar imaxes.
Non se sabe con seguridade cal foi o primeiro telescopio reflector, mais a idea da utilización de espellos cóncavos e convexos colocados en ángulos indicados para observar grandes rexións a grandes distancias, foi atribuída a Leonard Digges no seu libro Pantometría. O libro póstumo foi completado e publicado polo seu fillo Thomas Digges en 1571.
En 1636, Marin Mersenne, un relixioso da orde dos Mínimos, ideou un telescopio reflector que consistía nun espello parabólico cun pequeno orificio fronte a outro de menor tamaño de xeito que a luz se reflectise cara ao ollo a través do orificio.
En 1663 James Gregory tomou a idea de Mersenne e perfeccionou o telescopio engadindo un pequeno espello secundario cóncavo e elíptico que reflectise a luz procedente do espello primario ao segundo plano focal da elipse, situado no centro do buraco deste, e de aí ao ocular.[1] Isaac Newton perfeccionou o telescopio reflector arredor de 1670.[2]
Os telescopios reflectores evitan o problema da aberración cromática, unha degradación salientable das imaxes nos telescopios refractores da época (posteriormente este problema resolveuse empregando lentes acromáticas). O reflector clásico formado por dous espellos e un ocular coñécese como reflector Newtoniano.
O telescopio reflector emprégase comunmente no mundo da astronomía afeccionada. Os observatorios profesionais utilizan un desño algo máis complexo cun foco Cassegrain. En 2001 existían polo menos 49 reflectores con espellos primarios cun diámetro superior a 2 metros. Os máis grandes consisten en espellos primarios modulares e poden ter aberturas de ata 9-10 m.
Os telescopios reflectores ou Newtonianos empregan dous espellos, un no extremo do tubo (espello primario), que reflicte a luz e a envía ao espello secundario e este envíaa ao ocular.
No plano focal pódese situar un instrumento científico como unha cámara CCD, un espectrógrafo ou un ocular para a observación visual directa.
Os telescopios reflectores eliminan a aberración cromática mais posúen outros tipos de aberracións ópticas. Algúns telescopios dispoñen de deseños máis complexos para corrixiren algunhas destas aberracións.
As principais vantaxes dos reflectores con respectoa aos refractores son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.