servizo de mensaxería por Internet From Wikipedia, the free encyclopedia
Telegram Messenger é un servizo de mensaxería que permite aos seus usuarios enviarse mensaxes, fotos, vídeos e documentos entre eles (todos os tipos de ficheiros son compatíbeis). As aplicacións cliente son de código aberto e o servidor é software privativo (código pechado).
Telegram foi iniciado en 2013 polos irmáns Nikolai e Pável Dúrov, os creadores de VK, a maior rede social de Rusia.[1]
Telegram Messenger LLP é unha empresa independente sen ánimo de lucro situada en Berlín, Alemaña,[2] que non está conectada co Reino Unido.[3]
En abril de 2018, o tribunal ruso decidiu bloquear Telegram en Rusia.[4] Algúns rusos tentaron eludir a prohibición usando proxies abertos noutros países.
O 5 de outubro de 2021, Telegram gañou máis de 70 millóns de novos usuarios como resultado dunha interrupción que afectou a Facebook e os seus afiliados.
Telegram permite aos seus usuarios enviar notas de voz, fotos, vídeos e ficheiros de todo tipo, de maneira similar a outros softwares de mensaxería, como por exemplo WhatsApp. Ao igual que esta. usa un sistema similar de estados de lectura de mensaxes, con 1 comprobación=enviado, 2 comprobacións=lectura (aberto) . Os grupos de Telegram poden ter un máximo de 200.000 membros [5]
Tanto Telegram como os seus servizos utilizan unha serie de logotipos para distinguir as distintas aplicacións. O avión de papel está resaltado nun fondo azul, e nun globo de conversa, que se mostra por orde de aparición:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.