Teatro de Dioniso
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Teatro de Dioniso foi o maior teatro da antiga Grecia, situado aos pés da parte sur da Acrópole de Atenas e formando parte do témenos de Dioniso. Dedicado como o seu nome indica ao deus do viño e do teatro, Dioniso, inicialmente representábanse en honor do deus cantos e danzas rituais arredor do altar dos coreutas e os espectadores sentábanse arredor, ata que foi evolucionando ás traxedias clásicas de Esquilo, Sófocles, Eurípides e ás comedias de Aristófanes. Arredor do ano -407 o costume era que despois da representación tráxica se fixese un drama satírico; o tempo das representacións alongábase ata unhas nove horas e a entrada era gratuíta.[1]
Foi construído durante o Século -VI, cunha capacidade para 17.000 espectadores. Os actores estaban colocados nunha plataforma, había unha parte interior onde se cambiaban de indumentaria, e os espectadores colocábanse na pendente da lomba, lugar onde se adoitaba construír os teatros. A finais do Século -V substituíronse as primitivas plataformas de madeira por bancos de pedra. Tiña 64 bancadas divididas en dous niveis por un corredor semicircular. Na parte central das primeiras bancadas había 67 asentos que foron realizados, posteriormente, en mármore decorado e estaban reservados para os sacerdotes e personaxes ilustres.[2] A maioría deles consérvase hoxe en día, entre as ruínas que perduran.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.