Team Kuortane
equipo feminino de hóckey sobre xeo de Kuortane, Finlandia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Team Kuortane é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da localidade de Kuortane, Finlandia. Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Kuortaneen jäähalli, un pavillón con capacidade para 350 persoas.
Team Kuortane | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 2010 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Liga | Naisten Liiga |
Adestrador | ![]() |
Cores | Azul e branco |
Na rede | |
https://kuortaneenlukio.fi/jaakiekko-team-kuortane/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Foi fundado en 2010, comezando a competir directamente na Naisten Liiga. Dende a súa creación o equipo xogou un total de nove veces as series pola Aurora Borealis Malja, nas que chegou disputar as semifinais nas tempadas 2017-18 e 2019-20. O maior logro do equipo na súa historia ata a tempada 2023-24 foi a medalla de bronce acadada en 2018, aínda que a causa da pandemia por coronavirus o equipo non puido disputar o partido polo bronce fronte o Kärpät en 2020.
O Team Kuortane é a base da selección feminina sub-18 de Finlandia, e a súa adestradora, Mira Kuisma é a seleccionadora. Moitas xogadoras do equipo teñen xogado coa selección finlandesa absoluta, ben durante a súa etapa en Kuortane ou como integrantes doutros equipos, conseguindo medallas para o país nórdico. Ademais varias xogadoras do equipo recibiron algún dos premios individuais da Naisten Liiga e/ou foron incluídas nalgún dos dous equipos das estrelas que cada ano designa a competición.