![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/96/HIFK_Naiset_2023.jpg/640px-HIFK_Naiset_2023.jpg&w=640&q=50)
Naisten Liiga 2023-2024
41ª edición da Naisten Liiga / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2023-2024 da Naisten Liiga será a 41ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 9 de setembro de 2023 e concluíu o 25 de febreiro de 2024. Pola súa banda os play-offs comezaron o 23 de febreiro de 2024 e finalizaron o 21 de marzo coa disputa do cuarto partido das finais. O IFK de Helsinqui defendeu o título conquistado na tempada precedente.
Tipo | Naisten Liiga ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Localización e Datas | |
País | Finlandia ![]() |
Período de tempo | tempada 2023-2024 ![]() |
Ao final da tempada o IFK revalidou o título logo de gañar nas finais ao K-Espoo en catro partidos (1-3). Pola súa banda o KalPa se fixo coa medalla de bronce logo de derrotar no partido polo bronce ao HPK (1-3).
Nesta edición participaron un total de nove equipos e non se produciron descensos nin ascensos ao non conseguir ningún dos tres equipos da Naisten Mestis interesados en disputar a promoción finalizar entre os tres primeiros.