Naisten Liiga 2022-2023
40ª edición da Naisten Liiga / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2022-2023 da Naisten Liiga foi a 40ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga estará integrada por 10 equipos, que serán os mesmos que na tempada precedente coa excepción do descendido Vaasan Sport, ocupando o seu lugar Rauman Lukko. Pola súa banda Kiekko-Espoo defendeu o título conquistado nas dúas tempadas anteriores.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | Naisten Liiga ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Localización e Datas | |
País | Finlandia ![]() |
Período de tempo | tempada 2022-2023 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | HIFK Naiset ![]() |
Pechar
A liga regular comezou cunha dobre xornada disputada en Hämeenlinna, tanto no Pohjantähti Areena como no Metritiski-areena, durante os días 10 e 11 de setembro.
Ao final da tempada o HIFK proclamouse campión logo de derrotar nas series finais ao K-Espoo (3-0), mentres que o KalPa fíxose coa medalla de bronce logo de derrotar no partido polo bronce ao HPK (3-1).