política española From Wikipedia, the free encyclopedia
Teófila Martínez Saiz é unha política española nada o 5 de xaneiro de 1948 en Santander (Cantabria). É arquitecta técnica de profesión. Pertence ao Partido Popular, no que ingresou en 1977, por entón Alianza Popular. É a actual alcaldesa de Cádiz e foi deputada do Congreso pola provincia de Cádiz.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Teófila Martínez Saiz 5 de xaneiro de 1948 (76 anos) Santander, España |
Deputada de España | |
8 de xullo de 2016 – 22 de febreiro de 2019 – José Ignacio Romaní Cantera (en) → Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Cádiz (en) Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
30 de decembro de 2015 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Cádiz (en) Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Deputada de España | |
28 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Cádiz (en) Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
18 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Cádiz (en) Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputada de España | |
20 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000 Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Cádiz (en) Electa en: Eleccións Xerais 1996 en España | |
Deputada de España | |
21 de xuño de 1993 – 12 de setembro de 1995 – José Luis Landero Mateos → Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Cádiz (en) Electa en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Deputada de España | |
14 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Cádiz (en) Electa en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Alcaldesa | |
Senadora de España | |
Deputada do Parlamento de Andalucía | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Alianza Popular Partido Popular |
En decembro de 1982 foi elixida secretaria xeral provincial de Alianza Popular en Cádiz. De 1983 até 1987 foi concelleira no concello de El Puerto de Santa María. É alcaldesa de Cádiz desde o ano 1995, sendo a alcaldesa máis votada das capitais de provincia de España nas eleccións municipais de 2003 e 2007, con arredor do 60% dos votos.[2] Coas eleccións municipais de 2011 revalida o cargo, manténdose como alcaldesa durante vinte anos.
Do seu goberno como alcaldesa destaca o soterramento da vía férrea ao seu paso por Cádiz, a consecución da Segunda Ponte do Goberno da Nación e a efeméride Cádiz 2012, organizada a nivel estatal grazas á aposta decidida do concello de Cádiz por conmemorar os douscentos anos da Constitución de Cádiz de 1812.
Foi senadora pola comunidade autónoma de Andalucía (2000-2004). Presidiu o PP de Andalucía desde 1999 até 2004, perdendo as eleccións ao Parlamento de Andalucía nos anos 2000 e 2004, sendo substituída posteriormente por Javier Arenas. Exerceu de portavoz do PP na Comisión de Obras Públicas do Congreso dos Deputados e coordinadora de Comisións do Grupo Popular no Congreso. Presidenta estatal de Mulleres para a Democracia e membro do Comité Executivo Nacional do PP.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.