![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/69/Teresa-de-Lisieux.jpg/640px-Teresa-de-Lisieux.jpg&w=640&q=50)
Tareixa de Lisieux
monxa carmelita descalza e santa francesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tareixa de Lisieux (en francés: Thérèse de Lisieux), nada como Marie Françoise-Thérèse Martin en Alençon[1] o 2 de xaneiro de 1873 e finada en Lisieux o 30 de setembro de 1897, tamén coñecida como Santa Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face, foi unha monxa carmelita descalza católica venerada nos tempos modernos. É coñecida como "a floriña de Xesús" ou, simplemente, "a floriña".
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Thérèse de Lisieux ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Marie-Françoise-Thérèse Martin ![]() 2 de xaneiro de 1873 ![]() Alençon, Francia ![]() |
Morte | 30 de setembro de 1897 ![]() Lisieux, Francia ![]() |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Lugar de sepultura | Lisieux ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Les Buissonnets (en) ![]() carmel de Lisieux (en) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | teólogo , escritora , dramaturga , mestre dos noviços (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Orde relixiosa | Order of Discalced Nuns of the Blessed Virgin Mary of Mount Carmel (en) ![]() ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 1 de outubro 3 de outubro ![]() |
Símbolo iconográfico | Rose (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Pais | Louis Martin ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Pauline Martin (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tareixa foi un modelo moi influente para os católicos e outros a causa da simplicidade e da practicidade do seu achegamento á vida espiritual. Xunto con Francisco de Asís, é unha das santas máis populares da historia da igrexa.[2][3] O papa Pío X chamouna "a máis grande santa dos tempos modernos".[4][5]
Tareixa sentiu unha chamada temperá á vida relixiosa e tras superar varios obstáculos en 1888, con 15 anos,[6] uniuse a dúas das súas irmás, Marie e Pauline, na comunidade carmelita enclaustrada de Lisieux (Normandía). Outra irmá, Céline, entrou máis adiante na orde. Pasou 9 anos como relixiosa carmelita, en que desempeñou varios traballos, como o de sancristá e axudante á profesora das novizas. Tras pasar os seus últimos 18 meses no Carmelo nunha "noite de fe" (un tempo en que seica sentiu a Xesús ausente e que mesmo tivo dúbidas sobre a existencia de Deus), Tareixa morreu por tuberculose aos 24 anos.
A súa festividade no calendario romano xeral foi o 3 de outubro dende 1927, ata que en 1969 se trasladou ao 1 de outubro.[7] Tareixa é moi coñecida en todo o mundo, e a basílica de Lisieux é o segundo lugar de peregrinación máis popular de Francia despois de Lourdes.