club de fútbol de Finlandia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tampere United, tamén coñecido pola súa abreviatura TamU, é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Foi fundado en 1998 e actualmente compite na Kolmonen, a cuarta categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Pyynikin urheilukenttä, un estadio con capacidade para 1 000 persoas. O seu uniforme titular é camiseta e pantalón azuis, mentres que a reserva é integramente verde.
TamU gañou o campionato finlandés en tres ocasións (2001, 2006 e 2007), e obtivo ademais tres medallas de bronce (2003, 2004 e 2005); tamén se proclamou unha vez campión da Suomen Cup (2007) e dúas subcampión da copa (2001 e 2009); o equipo tamén gañou a Liigacup en 2009 e foi subcampión en 2011. En 2019 equipo ocupaba a 24ª posición na clasificación histórica da máxima categoría con once tempadas disputadas nas que xogou 301 partidos, dos cales gañou 146, empatou 72 e perdeu 83.[1]
O 14 de abril de 2011 a Federación Finlandesa de Fútbol excluíu ao Tampere United de todas as competicións para a tempada 2011.[2] Tampere United Oy declarouse en quiebra a finais de xuño de 2011.[3] Durante os anos que TamU estivo afastado da competición, un equipo creado polos seareiros do club en 2009 xogou nas categorías rexionais e chegou ascender ata a Kolmonen baixo o nome de TamU-K.[4][5] Finalmente o equipo volveu á competición na tempada 2016 e fusionouse co TamU-K.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.