From Wikipedia, the free encyclopedia
Tamandua mexicana é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos e familia dos mirmecofáxidos, unha das dúas que integran o xénero Tamandua.
Tamandua mexicana Tamanduá mexicana, tamanduá setentrional | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Tamandua mexicana Saussure 1860 | |||||||||||||||||||||
Distribución de Tamandua mexicana | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
É un oso formigueiro propio de Centroamérica e o norte de Suramérica, solitario, que se encontra en numerosos hábitats de selvas e de sabanas áridas, e que se alimenta de formigas e térmites, que atrapa coa súa longa e pegañente lingua. Coñécese vulgarmente como tamanduá mexicano ou tamanduá setentrional.
É de tamaño mediano, ollos pequenos, orellas relativamenmte grandes e fociño longo, aínda que non tanto como o do oso formigueiro xigante . Mide entre 50 e 80 cm de lonxitude (cabeza e tronco), máis entre 40 e 65 cm do cola. Pesa entre 3,5 e 8,5 kg. A cola é prénsil, adaptación á súa vida arborícola.
A súa pelaxe, curta, mesta e áspera, é de cor amarela pálida na maior parte do corpo, cun parche distintivo de pelaxe negra nos costados, as costas e os ombros, cuxa forma semella un chaleco. A presenza deste patrón de coloración fai posíbel distinguir esta especie do seu parente do sur, Tamandua tetradactyla, o tamanduá meridional, que ten unha cor máis uniforme.[1]
A cola só ten pelo na parte superior sobre aproximadamente un terzo da súa lonxitude.[2]
As patas dianteiras teñen catro dedos rematados en uñas fortes, que utiliza para romper os niños de formigas e térmites, e para defenderse; as traseiras teñen cinco dedos, coas uñas menos potentes.[2]
É un animal non agresivo, que case sempre foxe ante un perigo. Solitario, ten hábitos nocturnos e arbóreos. Pasa a maior parte do tempo nas árbores, e o seu desprazamento en terra é bastante dificultoso.[2]
Porén, ás veces, cando está ameazado en terra, pódese defender erguéndose sobre as patas traseiras e golpear ao agresor coas fortes gadoupas das patas dianteiras.
Aliméntase basicamente de formigas e térmites, pero tamén doutros insectos, e das súas larvas, que localizan baixo a codia dos troncos e pólas das árbores.[2]
A xestación dura 5 meses, tras os cales a femia pare unha cría.
O oso formigueiro mexicano distribúese desde México até o norte de América do Sur. En México encóntrase na vertente do Pacífico, desde Michoacán e a Huasteca Potosina, e na vertente do Golfo, até Chiapas e a península do Iucatán. No estado de Guerrero rexistrouse nas zonas de San Marcos, Acahuizotla e Chapolapa.[3]
A especie foi descrita en 1860 polo científico suízo Henri Louis Frédéric de Saussure nun traballo publicado na Rev. Mag. Zool. París, ser. 2, 12: 9.[4]
Ademais de polo nome que lle adxudicou Saussure, e que é o válido actualmente, foi coñecido polos sinónimos:[4]
O nome xenérico, Tamandua, procede do tupí-guaraní tamanduá, que significa "comedor de formigas", é dicir, "oso formigueiro".[5] O específico, mexicana, fai referencia á súa distribución xeográfica.
Na actualidade recoñécense as seguintes subespecies:[4]
En 2014 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou o status de Tamandua mexicana como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla distribución, a suposta amplitude da súa poboación, a que se encontra nunha serie de áreas protexidas, á súa tolerancia a pequenas modificacións do seu hábitat, e porque é pouco probábel que a súa poboación estea diminuíndo o suficiente como para cualificala nunha categoría ameazada.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.