botánico xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
Takenoshin Nakai (en xaponés 中井 猛之進, Nakai Takenoshin), nado en Gifu o 9 de novembro de 1882 e finado en Tokio o 6 de decembro de 1952,[1] foi un botánico xaponés.
(1952) | |
Nome orixinal | (ja) 中井 猛之進 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 中井 猛之進 9 de novembro de 1882 Gifu, Xapón |
Morte | 6 de decembro de 1952 (70 anos) Toquio |
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
Cargos profesor universitario, director do Museo Nacional de Ciencias de Toquio | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio do Xapón (–1947) Xapón |
Educación | Universidade de Toquio |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico , catedrático |
Empregador | Universidade de Toquio |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Nakai |
Despois de facer os seus estudos na Universidade de Toquio, desde 1927 foi profesor de botánica en dita Universidade.
Entre 1909 e 1942, Nakai dedicouse ao estudo da flora coreana. En 1910 o Xapón anexionou a Corea ao seu imperio.[2][3] e Nakai –xa daquela un científico respectado- foi nomeado "botánico gobernamental de Chosen" (o nome xaponés para a "nova provincia"). Debido ao descoñecemento científico que había do país, a longa e difícil expedición ás zonas montañosas, deu os seus froitos en diversas obras, como Flora coreana e Flora selvática coreana.
Desde 1943 a 1945 Nakai dirixiu o Xardín botánico de Buitenzorg (hoxe Bogor),[4] e o Xardín botánico de Cibodas en Cianjur.[5] ambos os dous na illa de Xava, durante a ocupación xaponesa da Indonesia neerlandesa.
Acabada a segunda guerra mundial foi profesor de taxonomía vexetal na Universidade de Toquio, onde tivo alumnos que serían botánicos de sona, como Hiroshi Hara (1911-1986) e Fumio Maekawa (1908-1984).
En 1947 foi nomeado director do Museo Nacional de Ciencias de Toquio.[6]
Foi especialista en algas, pteridófitas, briófitas e espermatófitas.
O Índice Internacional de Nomes de Plantas inclúe 4 733 rexistros de nomes de plantas dos que Nakai é o autor ou coautor.[7]
Ademais da súa copiosa produción bibliográfica propia, tamén editou obras de grandes botánicos: a Flora iaponica de Carl Peter Thunberg (Tokio 1933), a Hydrangeae genus de Philipp Franz von Siebold (1938), e a Supplemetum plantarum... Generum plantarum editionis secunda de Linneo (Tokio, 1936).
Diversas especies vexatais e animais foron bautizadas no seu honor:
A abreviatura Nakai emprégas para recoñecer a Takenoshin Nakai como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.