ciclista esloveno From Wikipedia, the free encyclopedia
Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates.[1]
(2022) | ||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1998 (26 anos) Klanec, Eslovenia (en) | |||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | |||||||||||||||||||
Peso | 66 kg | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Eslovenia | |||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo en ruta | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
1 de xullo de 2023 | Tour de France de 2023 (pt) (2º) | |||||||||||||||||||
2023 | UCI Europe Tour de 2023 (pt) (1º) | |||||||||||||||||||
2023 | 2023 UCI World Ranking (en) (1º) | |||||||||||||||||||
1 de xullo de 2022 | Tour de France de 2022 (pt) (2º) | |||||||||||||||||||
2022 | 2022 UCI World Ranking (en) (1º) | |||||||||||||||||||
2022 | UCI Europe Tour de 2022 (pt) (1º) | |||||||||||||||||||
24 de xullo de 2021 | Ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Corrida em estrada masculina (pt) (3º) | |||||||||||||||||||
26 de xuño de 2021 | Tour de France de 2021 (pt) (1º) | |||||||||||||||||||
2021 | UCI Europe Tour de 2021 (pt) (1º) | |||||||||||||||||||
2021 | 2021 UCI World Ranking (en) (1º) | |||||||||||||||||||
29 de agosto de 2020 | Tour de France de 2020 (pt) (1º) | |||||||||||||||||||
2020 | UCI Europe Tour 2020 (pt) (2º) | |||||||||||||||||||
2020 | 2020 UCI World Ranking (en) (2º) | |||||||||||||||||||
24 de agosto de 2019 | Volta a Espanha de 2019 (pt) (1º) | |||||||||||||||||||
31 de xaneiro de 2019 | UCI Europe Tour de 2019 (pt) (14º) | |||||||||||||||||||
2019 | 2019 UCI World Ranking (en) (15º) | |||||||||||||||||||
2018 | UCI Europe Tour de 2018 (pt) (28º) | |||||||||||||||||||
2018 | UCI Asia Tour 2018 (pt) (270º) | |||||||||||||||||||
2018 | 2018 UCI World Ranking (en) (112º) | |||||||||||||||||||
2017 | 2017 UCI World Ranking (en) (464º) | |||||||||||||||||||
2017 | UCI Europe Tour 2017 (258º) | |||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||
Parella | Urška Žigart | |||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Páxina web | tadej-pogacar.com | |||||||||||||||||||
En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos.[2] Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.[3]
En 2020 converteuse, tras Henri Cornet en 1904, no segundo ciclista máis novo da historia en gañar o Tour de Francia, ao proclamarse vencedor da edición dese ano.
En 2021 converteuse no cuarto ciclista da historia en gañar o Tour de Francia e o Giro de Lombardía o mesmo ano, tras Fausto Coppi (1949), Eddy Merckx (1971 e 1972) e Bernard Hinault (1979).[4] Así mesmo, converteuse no terceiro ciclista da historia en gañar o mesmo ano o Tour de Francia e dous monumentos, tras Coppi (en 1949 gañou Giro, Tour e dous monumentos) e Merckx (en 1972 gañou Giro, Tour e tres monumentos, en 1969 e 1971 gañou o Tour e tres monumentos, e en 1973 gañou Giro, Volta e dous monumentos).[5]
En 2023, tras a súa vitoria no Tour de Flandres, convértese no sexto ciclista da historia en vencer en tres monumentos diferentes e o Tour de Francia tras Fausto Coppi, Louison Bobet, Felice Gimondi, Eddy Merckx e Bernard Hinault.[6] Así mesmo, convértese no terceiro ciclista en conquistar a carreira belga e o Tour de Francia tras o francés Bobet e o belga Merckx.
En 2024 gañou con autoridade o Giro de Italia[7] e despois tamén o Tour de Francia.[8] Rematou coa medalla de ouro no Mundial en estrada.[9]
Comezou a súa carreira como ciclista en equipos semi-profesionais de Eslovenia en 2016, para pasar ao ROG-Ljubljana en 2017, cando participou na principal carreira do seu país, o Tour de Eslovenia, tivo unha destacada actuación onde competiu contra ciclistas como Rafał Majka e Giovanni Visconti. Ao ano seguinte, foi cuarto na mesma carreira sendo superado polo seu compatriota Primož Roglič, o colombiano Rigoberto Urán e o seu outro compatriota Matej Mohorič. Unhas semanas antes gañara a xeral da Carreira da Paz na República Checa. Dous meses despois gañou o Tour do Porvir na súa edición de 2018.[10] Estas vitorias influíron na súa fichaxe co UAE Team Emirates até o final da tempada 2023.
O esloveno proclamouse vencedor da 45ª edición da Volta ao Algarve 2019, na cal obtivo a súa primeira vitoria como profesional coas cores do UAE Team Emirates.
En maio participou na 14ª edición do Tour de California (nome oficial: Amgen Tour of California), na cal gañou a etapa raíña e obtivo a clasificación xeral por diante de Sergio Higuita do EF Education First e o danés Kasper Asgreen do Deceuninck-Quick Step. Nese mesmo ano proclamouse co Campión de Eslovenia de Ciclismo Contra o reloxo.
En agosto de 2019 foi incluído na lista de saída da Volta a España 2019.[11] Gañou dúas etapas na segunda semana da Volta e estaba nunha posición alta na xeral ao comezo da terceira semana. Con todo, na última semana Nairo Quintana e Miguel Ángel López progresaron na montaña e adiantárono na clasificación, sacándoo provisionalmente do podio. Tras unha gran vitoria de etapa nunha escapada en solitario de 40 quilómetros na penúltima etapa con final na Serra de Gredos, gañou suficiente tempo sobre os seus opoñentes para enfundarse o xersei de mellor novo e ascender á terceira posición do podio, que logrou manter tras a etapa final en Madrid.[12]
A tempada 2020 sería un momento de consolidación para o ciclista esloveno, que buscaba mellorar as súas actuacións en diferentes carreiras da máxima categoría.
En febreiro deu apertura á súa tempada participando na 71ª edición da Volta á Comunidade Valenciana, obtendo 2 vitorias de etapa e consagrándose campión da carreira. Nese mesmo mes participou no UAE Tour, dita competición celebrábase nos Emiratos Árabes Unidos, onde o equipo UAE Team Emirates eran locais da competencia, pero unha serie de problemas no equipo e a falta de forzas, relegou o esloveno a finalizar a carreira en segunda posición, por detrás do británico Adam Yates, aínda que logrou conseguir unha vitoria de etapa nun sprint final vencendo o ciclista kazako Alexey Lutsenko do Astana.
En xuño fíxose presente nos campionatos nacionais de Eslovenia para disputar as carreiras de ruta e contra o reloxo na cal tivo unha destacada participación, xa que se proclamou vencedor da proba contra o reloxo por diante de Primož Roglič e Jan Polanc. Na proba de ruta quedou en segunda posición por detrás de Roglič, quen co seu potente sprint no último quilómetro logrou desprenderse e coroarse campión daquela edición.
Planificouse a súa participación no Tour de Francia, en principio para axudar ao xefe de filas do equipo, Fabio Aru.[13] Na primeira semana da carreira perdeu máis dun minuto coa maioría de favoritos na 7.ª etapa por mor dos abanos.[14] Na segunda semana converteuse no líder indiscutible do equipo ao gañar dúas etapas de montaña: a 9ª, con final en Laruns, e a 15ª, con final en Grand Colombier, tras a que alcanzou o segundo lugar da xeral, a un minuto do líder da carreira, o seu compatriota Primož Roglič. Na penúltima etapa realizou unha extraordinaria contra o reloxo, no que foi considerada unha actuación individual histórica e gañou a etapa en La Planche des Belles Filles, conseguindo unha gran diferenza sobre os seus rivais que lle permitiu converterse en líder.[15][16] O 20 de setembro converteuse no segundo corredor máis novo da historia en gañar o Tour, por detrás de Henri Cornet, que gañou o Tour de Francia 1904 con 19 anos.[17] Conseguiu tamén nesa edición gañar o Gran Premio da montaña e a clasificación dos mozos.
Tadej empeza gañando o UAE Tour, a carreira do patrocinador do equipo. Continúa cun gran rendemento en Tirreno-Adriático onde consegue a vitoria na xeral, queda terceiro na Volta ao País Vasco onde gaña unha etapa e despide a primavera nas clásicas das Ardenas. Non pode competir na Frecha Valoa por un caso positivo por Covid-19 no seu equipo, pero si gaña o seu primeiro monumento, a Lieja-Bastoña-Lieja[18] e tómase un tempo de descanso e recuperación.
Na súa preparación para o Tour de Francia só compite na Tour de Eslovenia onde gaña unha etapa e a xeral, preséntase ao Tour como vixente campión e desde o principio empeza a acumular diferenzas ante os seus rivais. Igual que o ano anterior, gaña 3 etapas, a camisola da montaña e o xeral do Tour de Francia.[19][20] Unha semana despois compite na carreira en ruta dos xogos olímpicos de Tokio conseguindo a medalla de bronce para Eslovenia.[21]
Renuncia á Volta a España[22] despois dunha tempada moi cargada, a pesar de anunciar a súa participación e participa en varias carreiras dun día, onde disputa a carreira pero lonxe da súa mellor forma non consegue gañar até disputar o Giro de Lombardía onde vence escapado xunto a Fausto Masnada, igualando a marca de Eddy Merckx, Bernard Hinault e Fausto Coppi como únicos corredores en vencer no Tour e Lombardía no mesmo ano.
Comeza a súa tempada da forma na que o viña facendo nos últimos anos co UAE Tour, que volve conquistar cun amplo dominio, logo, en marzo, convértese no primeiro ciclista gañador do Tour de Francia en imporse na Strade Bianche, días despois por segundo ano consecutivo gana a Tirreno Adriático, sendo o primeiro corredor en logralo tras os dous triunfos seguidos de Vincenzo Nibali entre 2012 e 2013.
Como preparación ao Tour de Francia, decide modificar o seu calendario e proba as clásicas de lastro, participando nas competencias flamengas A través de Flandres e o Tour de Flandres, tendo resultados sorpresivos, mesmo cerca do podio dunha elas, como o foi no Tour de Flandres terminando no cuarto posto.
Despois de gañar dous anos seguidos o Tour de Francia, quedou segundo detrás de Jonas Vingegaard con tres vitorias de etapa, repetindo a secuencia en parciais individuais como en 2020 e 2021.
Ao pechar o seu calendario, conquista o Gran Premio de Montreal derrotando a Wout Van Aert logo dunha embalaxe apertada, pouco despois, por segundo ano consecutivo, faise co Giro de Lombardía, que o catapulta como o gañador da UCI Europe Tour e a UCI World Ranking, tamén por segundo ano consecutivo nas dúas clasificacións anuais.
Empeza a tempada 2023 vencendo a clásica Xaén Paraíso Interior en febreiro. Na semana seguinte gaña tres das cinco etapas da Volta a Andalucía, conquistando tamén a clasificación xeral e a dos puntos. En marzo participa na París-Niza, na que gañou tres das sete etapas, e a clasificación xeral, a dos puntos e a dos mozos, terminando segundo na clasificación da montaña. Viaxa a Italia, onde termina na cuarta praza no primeiro monumento da tempada, a Milan-San Remo, que conquistou Mathieu van der Poel.
Termina o mes de marzo facendo un terceiro lugar na clásica E3 Saxo Classic, gañada por Wout van Aert. No mes de abril volve aos triunfos, conquistando o Tour de Flandres, terceiro monumento diferente na súa carreira, e nas clásicas das Ardenas gana a Amstel Gold Race e a Frecha Valoa. Na Lieja-Bastoña-Lieja, non acaba a carreira por unha caída que lle provoca varias fracturas na boneca esquerda.
Despois do seu accidente no que se viu comprometida a súa boneca esquerda, regresa á competición nos campionatos nacionais do seu país, tomando as probas como preparación a curto prazo para o Tour de Francia. Xa na rolda francesa, ten unha actuación destacada, tomando en conta o incidente físico que tivo, finalizando novamente na segunda posición detrás do ciclista danés Jonas Vingegaard e gañando dúas etapas, tamén conquistou a clasificación dos mozos, o que lle permite ser o corredor que máis veces gañou esta clasificación secundaria, con catro triunfos.
No mes de agosto compite no Mundial de ciclismo, no cal termina na terceira posición, por detrás de Mathieu van der Poel e Wout Van Aert..No mes de outubro gaña por terceira edición consecutiva o Giro de Lombardía, converténdose no único corredor menor de 25 anos en gañar o monumento en tres edicións seguidas.
Empeza a tempada 2024 un pouco máis tarde do habitual coa intención de tentar o dobrete Giro-Tour.[23] Aínda así debuta con vitoria, por quinta tempada consecutiva, gañando a Strade Bianche. Posteriormente participa na Milán-San Remo, coa intención de conquistar o monumento italiano por primeira vez pero acaba 3.º tras Jasper Philipsen e Michael Matthews.
No Giro de Italia chegou á última etapa en Roma con 09:56 sobre o segundo clasificado, Daniel Felipe Martínez, despois de gañar 6 etapas e estar todos os días menos un coa maglia rosa.[7] [24]
Gañou o seu terceiro Tour de Francia cunha vantaxe de 6’17” sobre Jonas Vingeggard na clasificación xeral. Gañou tamén cinco etapas de alta montaña e a contrarreloxo final de Niza. Vestiuse de amarelo desde a etapa 4 ata o final.[8]
En setembro gañou o Campionato do mundo de ciclismo en estrada. Co xersei arco da vella do mundial rematou unha das mellores tempadas dun ciclista na historia do deporte:[25]
2018
2019
2020
2021
2022 |
2023
2024
|
Carreira | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Giro de Italia | — | — | — | — | — | — | — | 1.º | |
Tour de Francia | — | — | — | 1.º | 1.º | 2.º | 2.º | 1.º | |
Volta a España | — | — | 3.º | — | — | — | — | — |
Tour Down Under | — | — | 13.º | — | X | X | — | — | |
París-Niza | — | — | — | — | — | — | 1.º | — | |
Tirreno-Adriático | — | — | — | — | 1.º | 1.º | — | — | |
Volta a Cataluña | — | — | — | X | — | — | — | 1.º | |
Vuta ao País Vasco | — | — | 6.º | X | 3.º | — | — | — | |
Critérium du Dauphiné | — | — | — | 4.º | — | — | — |
Carreira | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Strade Bianche | — | — | 30.º | 13.º | 7.º | 1.º | — | 1.º | |
Milán-San Remo | — | — | — | 12.º | — | 5.º | 4.º | 3.º | |
E3 Saxo Bank Classic | — | — | — | X | — | — | 3.º | — | |
A Través de Flandres | — | — | — | X | — | 10.º | — | — | |
Tour de Flandres | — | — | — | — | — | 4.º | 1.º | — | |
Amstel Gold Race | — | — | Ab. | X | — | — | 1.º | — | |
Frecha Valoa | — | — | 53.º | 9.º | — | 12.º | 1.º | — | |
Lieja-Bastoña-Lieja | — | — | 18.º | 3.º | 1.º | — | Ab. | 1.º | |
Clásica San Sebastián | — | — | Ab. | X | — | Ab. | — | ||
Bretagne Classic | — | — | — | — | — | 89.º | — | ||
Gran Premio de Quebec | — | — | — | X | X | 24.º | — | ||
Gran Premio de Montreal | — | — | — | X | X | 1.º | — | ||
Giro de Lombardía | — | — | — | — | 1.º | 1.º | 1.º | ||
JJ.OO. (Ruta) | Non se disputou | 3.º | ND | ||||||
Mundial en Ruta | — | — | 18.º | 33.º | 37.º | 19.º | 3.º | ||
Mundial Contrarreloj | — | — | — | — | 10.º | 6.º | 21.º | ||
Europeo en Ruta | — | — | — | — | 5.° | — | — | ||
Europeo Contrarreloj | — | — | — | — | 12.º | — | — | ||
Eslovenia en Ruta | — | 6.º | 7.º | 2.º | 5.º | — | 1.º | ||
Eslovenia Contra o reloxo | 5.º | 2.º | 1.º | 1.º | 3.º | — | 1.º |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.