Túmulo da Dama de Vix
tumba principesca de carro da cultura de Hallstatt situado xunto á cidade francesa de Vix / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tumba de Vix, túmulo de Vix ou túmulo da Dama de Vix,[1] é unha tumba principesca das chamadas de carro que apareceu ao escavar a necrópole dun oppidum da cultura de Hallstatt situado xunto á cidade francesa de Vix, no norte de Borgoña, Francia.[2] Forma parte dun importante conxunto prehistórico dos períodos celtas da cultura de Hallstatt e de La Téne, que inclúe un importante asentamento fortificado e varios túmulos. Chegou intacta até os nosos días, e entre o enxoval funerario destaca un enorme cráter de bronce de orixe grega, que confirma a existencia de relacións económicas entre o Mediterráneo e Europa central xa no século VI a.C.