From Wikipedia, the free encyclopedia
A cultura de La Tène (Pronunciación francesa: [la tɛn]) foi unha cultura arqueolóxica da Idade de Ferro europea. Desenvolveuse e prosperou durante a Idade de Ferro serodia (dende o -450 até a conquista romana no século -I), sucedendo a Idade de Ferro temperá da cultura de Hallstatt sen unha rotura cultural definitiva, baixo o pulo dunha influencia mediterránea considerábel por parte dos gregos na Galia prerromana, dos etruscos[1] e da cultura de Golasecca.[2]
A extensión territorial da cultura de La Tène correspóndese co que hoxe é Francia, Bélxica, Suíza, Austria, o sur de Alemaña, a República Checa, partes do norte de Italia,[3] Eslovenia e Hungría, así como partes adxacentes dos Países Baixos, Eslovaquia,[4] Croacia,[5] Transilvania (oeste de Romanía), e Transcarpatia (oeste de Ucraína).[6] Os celtiberos do oeste de Iberia compartían moitos trazos desta cultura, aínda que non así o estilo artístico. Polo norte estendíase a contemporánea Idade de Ferro prerromana do norte de Europa, que incluía a cultura de Jartorf do norte de Alemaña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.