Sáchica
concello do departamento de Boyacá, Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sáchica é un concello colombiano que se atopa a uns 32 km ó oeste de Tunja, na provincia de Ricaurte no departamento de Boyacá, recoñecido como capital nacional da cebola.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Ricaurte | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.791 (2015) (61,15 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 62 km² | ||||
Altitude | 2.036 m | ||||
Creación | 1556 (Gregoriano) | ||||
Páxina web | sachica-boyaca.gov.co… |
As esculturas alusivas ó sol e a lúa como homenaxe aos deuses dos indíxenas, o Festival de Música Sacra en Semana Santa e a representación desta en vivo, xunto aos templos e mosteiros católicos, e a sala de oración da Igrexa de Deus Ministerial de Xesucristo Internacional cunha arquitectura de estilo colonial, déronlle o título de "A Xerusalén de Colombia".[2][3]
A poboación segundo o censo de 2005 é de 3868 habitantes dos cales 1644 compoñen a poboación urbana e 2139 a rural. A economía sachiquense baséase no turismo relixioso, a agricultura e a explotación mineira.
O acceso a Sáchica realízase vía terrestre, pola estrada a Tunja capital do departamento, a Chiquinquirá e a Arcabuco.