Susan La Flesche Picotte
Físico omaha / From Wikipedia, the free encyclopedia
Suzanne LaFlesche Picotte, nada na reserva india Omaha o 17 de xuño de 1865 e finada en Walthill, Nebrasca o 18 de setembro de 1915, foi unha doutora omaha. É coñecida por ser a primeira muller nativo americana en ser físico.[1] Estaba a prol da saúde pública e pola cesión formal e legal de terras ós membros da súa tribo.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Doutora Susan La Flesche Picotte | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1865 Reserva india Omaha |
Morte | 18 de setembro de 1915 (50 anos) Walthill, Nebrasca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Omaha |
Grupo étnico | Pobo omaha e Ponca (en) |
Educación | Woman's Medical College of Pennsylvania (en) - doutor em medicina (pt) (–1889) Universidade de Pensilvania Hampton Institute (en) Universidade da Virgínia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | Físico |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Pai | Joseph LaFlesche (pt) |
Irmáns | Susette La Flesche (pt) , Marguerite La Flesche Diddock (en) e Francis La Flesche (pt) |
Pechar
Picotte foi unha activa reformista social así como unha físico. Traballou para reducir o consumo de alcohol na reserva onde traballou. Picotte tamén combateu para erradicar a tuberculose como parte dunha campaña de saúde pública na reserva. Tamén axudou ós omaha a lidar coa burocracia da Oficina de Asuntos Indios.