Reserva india Omaha
reserva india dos Estados Unidos de América From Wikipedia, the free encyclopedia
reserva india dos Estados Unidos de América From Wikipedia, the free encyclopedia
A Reserva india Omaha da tribo omaha, recoñecida federalmente, atópase no Condado de Thurston, Nebrasca, con seccións nos condados veciños de Cuming e Burt, ademais do Monona en Iowa. Segundo o censo federal de 2000, a reserva tiña unha poboación de 5.194. A sede do goberno tribal está en Macy.[1] As vilas de Rosalie, Pender e Walthill están dentro dos límites da reserva. Por mor da venda de terras na zona dende que se estableceu a reserva, a xurisdición tribal de Pender está en disputa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nebrasca | ||||
Capital | Macy | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.526 (2020) (0,06 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 80.288 km² | ||||
Creación | 1854 | ||||
Estableceuse unha reserva de 12.421 acres (50,27 km²) por un tratado de data 16 de marzo de 1854. A tribo escolleu as terras coa aprobación do presidente o 11 de maio de 1855. Un tratado do 6 de marzo de 1865, seguido por dúas leis do Congreso o 10 de xuño de 1872 e o 22 de xuño de 1874 ratificaron o acordo.
O 31 de xullo de 1874, a tribo traspasou parte das súas terras ós Ho-Chunk (tamén coñecidos como Winnebago) para formar a Reserva india Winnebago ó norte da reserva Omaha. Esta acción foi ratificada o 7 de agosto de 1882 e por unha lei do Congreso de data 3 de marzo de 1893.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.