From Wikipedia, the free encyclopedia
Susan Brownell Anthony, nada en Adams,Massachusetts, o 15 de febreiro de 1820 e finada en Rochester, Estado de Nova York, o 13 de marzo de 1906, foi unha reformadora e sufraxista norteamericana.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
(1890) | |
Nome orixinal | (en) Susan Brownell Anthony |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Susan Anthony 15 de febreiro de 1820 Adams, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 13 de marzo de 1906 (86 anos) Rochester, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca pneumonía |
Lugar de sepultura | Cemitério Mount Hope (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Sufraxio feminino |
Ocupación | activista polos dereitos das mulleres, activista polos dereitos civís, feminista, escritora, Activista polos dereitos humanos, abolicionista, sufraxista |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Daniel Anthony e Lucy Read |
Irmáns | Daniel Read Anthony Mary Stafford Anthony Jacob Merritt Anthony |
Premios | |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Anthony, Susan Brownell) Encyclopedia of Modern Christian Politics (2006 ed.) (en) , (sec:Anthony, Susan Brownell (1820-1906)) A Woman of the Century (en) , (sec:Susan B. Anthony) |
De familia cuáquera naceu en Massachusetts, pero pouco despois do seu nacemento a súa familia moveuse ao estado de Nova York, e a partir de 1845 residiu en Rochester.
Estudou na pequena escola do seu pai, e entre 1837 e 1857 foi mestra en varias escolas. Na década anterior á Guerra Civil Americana, tivo un papel prominente nos movementos antiescravistas e antialcohólicos de Nova York, organizou en 1852 a primeira sociedade estatal de mulleres antialcohólica en América, e en 1856 converteuse na representante para o estado de Nova York da Sociedade Antiescravista de América.
A partir de 1854 dedicouse en exclusiva á defensa dos dereitos da muller, avogando pola completa igualdade de sexos. Entre 1868 e 1870 foi a propietaria do semanario, The Revolution.
Axudou a fundar a Asociación Sufraxista Estadounidense, da que foi primeiro vicepresidenta 1869-1892 e logo presidenta (1892-1900).[2]
En colaboración con Stanton, Matilda Joslyn Gage e Ida Husted Harper, publicou The History of Woman Suffrage (1884–1887).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.