Sultanato do Rum
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sultanato do Rum foi un “reino” turco selxúcida baseado en Anatolia entre os anos 1077 e 1307. A súa primeira capital foi Nicea sendo substituída posteriormente por Iconium. Outras cidades de Anatolia tamén foron sede da corte, e por tanto capitais nalgún período: Cesarea e Sebastia ou Sebastea.
سلجوقیان روم (fa) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Nicea (1077–1098) Konya (1098–1307) | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua persa | |||
Relixión | Islam | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 400 km² | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1077 | |||
Disolución | 1307 | |||
Sucedido por | Ramadanidas (pt) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
"Rum" (ás veces transcrito coma Rüm ou Rûm) é o nome que lle daban os árabes ao Imperio Romano. Cando os selxúcidas tomaron as terras do interior de Anatolia tras a Batalla de Manzikert chamaron así ao sultanato que fundaron, pois os seus súbditos eran romanos.[1] Entre os historiadores turcos contemporáneos é frecuente encontrar outros nomes para este sultanato: "Sultanato selxúcida de Anatolia " (Anadolu Selçukluları) , "Turquía selxúcida" (Türkiye Selçukluları) ou directamente co nome da capital: Sultanato de Konya (ou Iconium).
O sultanato foi particularmente próspero no final do século XII e os inicios do XIII, ao conquistar aos bizantinos parte da costa mediterránea e do Mar Negro. Os numerosos produtos procedentes da Persia e Asia Central que cruzaban todo o Imperio Selxúcida encontraron nestes portos a súa saída natural cara Europa, establecéndose acordos comercias cós xenoveses. O incremento da riqueza do Sultanato permitiu aos seus gobernantes absorber varios dos outros estados turcos ("Beylik") que se conformaran en Anatolia após Manzikert: o Danismendida, o Mengücek, o Saltuklu e o dos Ortúkides (Artuquid). Os sultáns do Rum tiveron máis ou menos éxito para arrostrar os cruzados, pero en 1243 foron derrotados polos mongois, pasando a converterse nunha provincia máis do seu imperio. A pesar dos esforzos dos seus administradores o sultanato acabará por descomporse na segunda metade do século XIII, desaparecendo finalmente no inicio do XIV.