político indonesio From Wikipedia, the free encyclopedia
Kusno Sosrodihardjo (ꦯꦸꦏꦂꦤ), coñecido como Sukarno,[1] nado en Surabaia o 6 de xuño de 1901 e finado en Iacarta o 21 de xuño de 1970, foi un político indonesio e o primeiro presidente da República de Indonesia (1945-1967) trala independencia do arquipélago, anteriormente colonia dos Países Baixos.
Sukarno ideou a filosofía e ideoloxía do novo estado co Pancasila.
Sukarno era fillo dun mestre de escola xavanés e da súa esposa balinesa de Buleleng. Naceu en Surabaia, mais pasou a infancia en diferentes lugares como Mojokerto, Tulungagung e Blitar. Cando o seu pai o devolveu a Surabaya en 1916 para asistir a unha escola secundaria reuniuse con Tjokroaminoto, un futuro independentista. En 1921 comezou a estudar na Technische Hogeschool (Escola Superior Técnica de Bandung), graduándose en 1925. Estudou enxeñaría civil e centrouse na arquitectura.
En 1927 fundou o Partido Nacional Indonesio. Dous anos despois foi detido polas autoridades coloniais dos Países Baixos, sendo posto en liberdade en 1931. En 1939 foi desterrado á illa de Sumatra, da que foi liberado polos xaponeses trala invasión da illa en 1942, durante a segunda guerra mundial. Ao acabar a contenda proclamou a independencia de Indonesia,[2] dirixindo a guerra contra os Países Baixos ata que en 1949 recoñeceron o novo estado.
En 1956 suprimiu todos os partidos políticos e tres anos máis tarde instituíu a democracia dirixida. Ante o crecemento progresivo do Partido Comunista de Indonesia (PKI), que contaba co apoio táctico de Sukarno, o xeneral Suharto, apoiado polos Estados Unidos obrigouno a delegarlle o poder en marzo de 1966 e substituíuno como presidente en 1967. Sukarno viviu illado e baixo arresto domiciliario ata a súa morte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.