![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/01/Flag_of_Sudan.svg/langgl-640px-Flag_of_Sudan.svg.png&w=640&q=50)
Sudán
país de África / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sudán[1][2] (en árabe: السودان as-Sūdān[3]), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo no norte de África. Limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide o país en dúas metades, a leste e a oeste.[4] A relixión predominante é o islam.[5]
جمهورية السودان (ar) ![]() | |||||
Himno | Nahnu Jund Allah Jund Al-watan (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «النصر لنا» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Khartún ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Al Jazirah (estado) (pt) ![]() Cartum (pt) ![]() Cordofão do Norte (pt) ![]() Cordofão do Sul (pt) ![]() Darfur Ocidental (pt) ![]() Darfur do Norte (pt) ![]() Darfur do Sul (pt) ![]() Estado do Norte (pt) ![]() Gadarife (pt) ![]() Kassala (pt) ![]() Mar Vermelho (pt) ![]() Nilo Azul (pt) ![]() Nilo Branco (pt) ![]() Rio Nilo (pt) ![]() Sennar (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 40.533.330 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | árabe lingua inglesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.886.068 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Deriba (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Mar Vermello (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Sudán do Sur Bir Tawil Libia Eritrea Exipto República Centroafricana Etiopía Oriente Medio Chad Kenya (–2011) República Democrática do Congo (–2011) Uganda (–2011) ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1956 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal ![]() | ||||
• Chairman of the Transitional Military Council (en) ![]() ![]() | Abdel Fattah Abdelrahman Burhan (pt) ![]() ![]() | ||||
• Prime Minister of Sudan (en) ![]() ![]() | Abdalla Hamdok (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | National Legislature (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 34.229.513.775 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Libra sudanesa (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .sd ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +249 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 999 ![]() | ||||
Código de país | SD ![]() | ||||
Páxina web | sudan.gov.sd… ![]() |
O Sudán era o meirande país de África e do mundo árabe ata o ano 2011, cando o Sudán do Sur se converteu nun estado independente despois dun referendo. O Sudán é hoxe o terceiro maior país de África, despois de Alxeria e da República Democrática do Congo.
É membro da ONU, da Unión Africana, da Liga Árabe, da Organización da Conferencia Islámica e do Movemento de Países Non Aliñados, e observador na Organización Mundial do Comercio.[6][7] A súa capital é Khartún, o centro político, cultural e comercial da nación. É unha república federal con sistema presidencial e democracia representativa. A política do Sudán é regulada por unha organización parlamentaria, a "Asemblea Nacional".[8] O seu sistema legal baséase na Xaria, a lei islámica.